HomePontevedraO CondadoSalvaterra de Miño licita máis de 400.000 euros en obras para mellorar...

Salvaterra de Miño licita máis de 400.000 euros en obras para mellorar os espazos para a infancia

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño acaba de publicar na plataforma de Contratación do  Estado a licitación de dúas obras estratéxicas para o gobernó local e que están enfocadas  aos máis cativos do municipio. 

Por un lado máis de 250.000 euros para a Humanización e mellora do Parque Infantil  ubicado ao lado do Concello que consiste na adaptación e mellora da infraestructura  existente, xerando un espazo novo, moderno e adaptado para os cativos do municipio  que incluirá a instalación dunha pista polideportiva e xogos novos que farán as ledicias  dos nenos e nenas, ademais de cambiar o peche perimetral e o acceso ó mesmo. 

E por outro lado máis de 150.000 euros para a mellora do Parque Intantil e Área  Deportiva da Canuda que consistirá en retirar e reparar os elementos existentes,  substituír os equipamentos obsoletos ou deteriorados e finalmente realizar traballos de  pintura dos elementos para deixar un acabado moderno e con todas as garantías para a  plena realización de actividades de lecer e deportivas.

Publicacións Relacionadas