Home Pontevedra Caldas A Deputación destina máis de 40.000 euros ao novo campo de fútbol...

A Deputación destina máis de 40.000 euros ao novo campo de fútbol de Mirallos, no concello de Moraña

- Anuncio -

Estes recursos enmárcanse no Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que xa mobilizou preto 1,2 millóns de euros entre 21 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha nova axuda para o Concello de Moraña ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas por importe de máis de 40.000 euros. No marco deste Plan, aberto aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, o Goberno provincial mobilizou preto de 1,2 dos 4 millóns de orzamento total, con achegas, ademais de Moraña, para A Cañiza, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Fornelos de Montes, Lalín, Marín, Meis, Pazos de Borbén, Poio, Redondela, Salceda de Caselas e Vilagarcía.

O Concello de Moraña destinará estes recursos de 40.719 euros do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas á segunda fase das obras do novo campo de fútbol de céspede natural de Mirallos, que se está a desenvolver nun espazo no que xa existe unha instalación previa en mal estado. Tras executar o movemento de terras e a drenaxe, nesta segunda fase avanzarase nos traballos co fin de que xa se poda xogar no campo na próxima tempada 2024/2025.

Desta maneira, prepararse o terreo do campo con diferentes capas de grava e area e realizarase o abonado e a sementeira de céspede. O campo contará ademais cunha instalación de rego con aspersores emerxentes e instalarase iluminación mediante catro torres. Por último, completarase o peche da parcela con paneis prefabricados de formigón entre pilares, onde se instalará ademais un novo portón de acceso ao público.

Relacionadas

O BNG alerta de “trabas” da Entidade Local Menor de Bembrive ás alegacións veciñais...

0
A fronte nacionalista denuncia o peche da oficina de atención pública da Entidade Local en pleno conflito veciñal contra o proxecto que ameaza con...

O Concello de Mos pon en marcha o programa “A BIBLIOTECA A TÚA PORTA”

0
O proxecto pretende facilitar o acceso á cultura e combater a soidade e o illamento cun servizo personalizado e próximo en contacto regular cos...

A Deputación visita a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as propostas para...

0
Persoal técnico do Servizo de Infraestruturas e Vías Provinciais da Deputación de Pontevedra visitou hoxe a EP-1302 Beluso-Cabo Udra, en Bueu, para ultimar as...

Os mellores artesáns do sector da pesca danse cita este sábado en Soutomaior

0
O Multíusos de Arcade acolle a terceira edición do Obradoiro de Montaxe organizado de maneira conxunta pola Sociedade de Pesca de Soutomaior e o...

O concello destina 186.308 euros á recollida de pluviais e unha senda peonil en...

0
A obra, que actúa sobre un cruce perigoso, forma parte dun proxecto global de mellora da seguridade viaria na rede de estradas do municipio O...

Luis López asina un convenio co alcalde de Moraña para a mellorar a seguridade...

0
O presidente recibe o alcalde José Gómez no Pazo provincial para poñer en marcha a primeira fase dun proxecto financiado ao 100 % pola...

Publicacións Relacionadas