Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina preto de 25.000 euros a Marín para dotar a...

A Deputación destina preto de 25.000 euros a Marín para dotar a piscina municipal de equipamento de ximnasio

- Anuncio -

Estes recursos únense aos case 50.000 € que a institución provincial destinou xa ao concello para o mantemento e mellora do skate park do Porto

Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa máis de 3,8 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega para o Concello de Marín de preto de 25.000 euros, cos que poderá dotar a piscina municipal de equipamento de ximnasio. Trátase da segunda achega do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da institución provincial que recibe o concello, despois dos preto de 50.000 € que o organismo destinou xa a Marín para o mantemento e mellora do skate park do porto. En total e ata o momento, o Goberno provincial mobilizou ao abeiro deste Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas máis de 3,8 dos 4 millóns de orzamento total

Con estes preto de 25.000 euros Marín procederá a adquirir diferentes máquinas como bicicletas elípticas, máquinas de step ou de remo. Da mesma maneira, dotará ao ximnasio da piscina municipal doutro material deportivo como halteres de diferentes pesos, barras profesionais, pratos olímpicos, “bumpers”, estantes para halteres ou soportes para pratos.

As instalacións da piscina municipal foron obxecto recentemente dunha reforma integral financiada entre a Deputación e o propio Concello, e que corrixiu algúns dos defectos máis importantes que tiña a instalación. Debido a esta actuación, as máquinas do ximnasio permaneceron moito tempo paradas, o que, unido á súa antigüidade,  fai necesaria a súa reposición.

Relacionadas

O Goberno Municipal de As Neves traballa en solucións reais para o SAF

0
O actual goberno municipal de As Neves, liderado polo alcalde Jose Manuel Alfonso, lamenta profundamente a campaña de desinformación que intenta promover o BNG...

A Deputación ultima o prazo para que o persoal técnico deportivo das entidades locais...

0
As axudas convócanse en colaboración coa Asociación do Deporte Español para sufragar os custos da realización do Curso de Competencias de Dixitalización, Innovación e...

A Deputación de Pontevedra abre o próximo venres a exposición “Espazos liminais na miña...

0
A mostra estará dispoñible ata o 22 de setembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas desde fai...

A Deputación retoma os obradoiros en familia sobre a exposición ‘A era das fábulas’,...

0
As actividades están dirixidos a nenas e nenos a partir de 6 anos acompañados dunha persoa adulta Dentro das actividades complementarias á exposición ‘A era...

A Deputación inicia a próxima semana máis de 20 novos obradoiros do programa Provincia...

0
Preto de 400 veciños de 15 concellos comezarán accións centradas en pandeireta e canto popular, musicoterapia, competencias dixitais, ioga ou ximnasia de mantemento A Deputación...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que...

0
O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros...

Publicacións Relacionadas