Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación destina preto de 60.000 euros a cinco clubs deportivos do...

A Deputación destina preto de 60.000 euros a cinco clubs deportivos do Deza e Tabeirós-Terra de Montes que participan en competicións oficiais de ámbito estatal

- Anuncio -

O presidente Luis López confirmou que as axudas oscilan entre os preto de 1.600 e os 25.000 euros para subvencionar gastos federativos así como de competicións e adestramento, de persoal, de material deportivo e sanitarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o reparto de preto de 60.000 euros para cinco clubs deportivos de tres concellos da comarca do Deza e Tabeirós-Terra de Montes que participan en competicións oficiais de ámbito estatal. En total, as axudas oscilan entre os preto de 1.600 e os 25.000 euros e permitiranlles subvencionar gastos federativos, de competicións e adestramento, de persoal deportivo e sanitarios. “Sentímonos moi orgullosos desta liña de axudas que foi renovada este ano para corrixir os desequilibrios que se viñan dando en convocatorias anteriores –explicou o presidente provincial, Luis López-. O obxectivo principal era distribuír os recursos dun xeito máis equitativo e coido que o temos conseguido”. Ademais, López lembrou a importancia de “apoiar a estas entidades como merecen, xa que os nosos deportistas nos referencian no mundo e os nosos clubs traballan a diario para facer realidade todos estes logros”.

En concreto, no conxunto da provincia repartiranse 900.000 euros entre 80 clubs deportivos de 25 concellos, de disciplinas como fútbol sala, balonmán, tenis de mesa, fútbol, ciclismo, natación, baloncesto, surf, tiro con arco, hóckey, orientación, esgrima, waterpolo, patinaxe, squash ou, entre outros, atletismo. Todos eles -beneficiaranse de achegas que oscilan entre os 900 e os 35.000 €, dependendo da modalidade deportiva e a competición oficial na que participen

Na comarca de Deza e Tabeirós-Terra de Montes, no concello da Estrada o Estrada Futsal (fútbol sala) recibirá 12.981 € e o Club Deportivo Estradense (fútbol) 25.000 €. En Lalín serán beneficiarios desta liña de axudas provinciais o Club Balonmán Lalín, con 15.000 €, e o Extol-La Gramola Team (ciclismo), con 3.352 €. E, por último, en Silleda será o RG Bikes Scott Team (ciclismo) o que reciba 1.573 €.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas