Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco...

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos de Ourense

- Anuncio -

O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono de San Cibrao das Viñas

A través do Inorde, a institución provincial coordina a entrega de produtos cultivados nos campos experimentais de A Limia

A Deputación de Ourense entregou esta mañá 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos de Ourense. O presidente provincial, Luis Menor, visitou as instalacións que esta organización sen ánimo de lucro ten no polígono de San Cibrao das Viñas. Acompañado polo presidente do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), Rosendo Fernández, e traballadores do Centro Agrogandeiro da Deputación, supervisou a entrega desta doazón, no marco dunha cooperación que mantén a institución provincial e o Banco de Alimentos, que asiduamente entrega produtos cultivados nos campos de ensaio da Limia.

Esta entrega está previsto que se complete a final do ano con outros 10.000 quilos de patacas de A Limia, co obxectivo de reforzar a colaboración que a Deputación mantén co Banco de Alimentos de Ourense.

O presidente provincial, Luis Menor, destaca a labor “inmensa” que realizan no Banco de Alimentos de Ourense dende hai máis de dúas décadas, co obxectivo de que moitas familias sen recursos poidan ter acceso a alimentos básicos.

Ademais, a Deputación de Ourense colabora habitualmente con esta organización social ante emerxencias destacadas, como ten sido o envío de doazóns a Ucraína ou, máis recentemente, aos afectados da DINA. Neste sentido, o goberno provincial lembra a importancia de “cauces oficiais e organizados” de axuda ante catástrofes, como é o caso de entidades como o Banco de Alimentos de Ourense, que permiten que a axuda sexa eficaz e chegue aos afectados por calquera emerxencia deste tipo.

A entrega de patacas forma parte das accións que a Deputación realiza desde hai dez anos en colaboración con Cáritas Ourense, organizando un curso de actividades básicas en agricultura no que, ademais de formar a dez alumnos por ano no ámbito do sector primario, contribúese á inclusión. O comedor social de Cáritas en Ourense recibe os produtos recollidos nos cultivos que se realizan nas prácticas de campo.

Relacionadas

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

O 53% do alumnado do Programa Integrado de Emprego de Ponteareas acadou a inserción...

0
• A Xunta destinou máis de dous millóns de euros en obradoiros e programas de inserción laboral • Cen persoas comezaron hoxe o segundo Programa...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

Publicacións Relacionadas