Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento da oferta máis innovadora no “Networking Rías Baixas: turismo que une”

- Anuncio -

“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de apoio e de colaboración coa que contribuír ao posicionamento estratéxico do noso destino”, remarcou a deputada de Turismo, Nava Castro, na clausura do encontro

A Deputación de Pontevedra acaba de celebrar xunto co Clúster de Turismo de Galicia a xornada “Networking Rías Baixas. Turismo que une. Redes de traballo para a conformación de experiencias turísticas” no Edificio Sociocultural Manuel Rivero de Lalín. Na clausura do encontro, impulsado co obxectivo de fomentar entre os axentes turísticos o coñecemento da oferta máis innovadora, a deputada de Turismo Nava Castro remarcou a necesidade de “establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de apoio e de colaboración coa que contribuír ao posicionamento estratéxico do noso destino”.

En total, preto de oitenta empresas se deron cita no Edificio Sociocultural Manuel Rivero de Lalín para participar nesta cita na que tamén se abordou o marco legal para a conformación de produtos e experiencias turísticas e na que se impulsaron sesións de networking, con reunións rápidas de entre 5 e 10 minutos, entre compradores e vendedores do sector turístico.  Participaron desde hostaleiros, ata empresas de turismo rural, axencias de viaxe, empresas de turismo MICE (reunións, incentivos, congresos e eventos) ou, entre outras, de turismo activo, que tiveron a oportunidade de compartir coñecemento, establecer contacto con outros axentes do sector, impulsar vías de colaboración que poidan plasmarse en acordos comerciais e coñecer as vantaxes de apostar por iniciativas de base local na promoción turística do territorio.

“Nós somos os nosos mellores aliados –remarcou Nava Castro- e apoiándonos entre nós chegaremos dunha forma moito máis doada a acadar os nosos obxectivos, complementándonos e aproveitando os nosos puntos fortes para darlles aos turistas unha experiencia completa, diversa e de calidade”.  Para a deputada provincial “é necesario ter unha perspectiva ampla da grandísima oferta que existe nas Rías Baixas e contribuír a esas iniciativas con raíz no territorio para fortalecelas fronte a outras opcións á hora de configurar un produto turístico”. Neste eido recordou a posta en marcha da Estratexia Rías Baixas Turismo 61, “unha folla de ruta que suma as forzas, as potencialidades e os recursos de cada un dos 61 concellos da provincia para artellar unha proposta sostible, coherente e innovadora”, e amosou a importancia de encontros como o organizado en Lalín “para que este destino siga medrando e perfeccionándose grazas a un impulso conxunto e coordinado”.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader

0
A presidenta de Galicia Suroeste e o alcalde do Porriño visitaron a empresa tras asobras de modernización e equipamento subvencionadas con fondos europeos Unha axuda...

Publicacións Relacionadas