Home Pontevedra Baixo Miño A Deputación homenaxeará o movemento veciñal do Baixo Miño cun encontro este...

A Deputación homenaxeará o movemento veciñal do Baixo Miño cun encontro este sábado en Tomiño

- Anuncio -

A institución provincial celebra a sexta xornada do programa +Convivir tralo seu paso polos concellos de Poio, Cambados, Cuntis, A Estrada e Mos

A Deputación de Pontevedra celebra este sábado 23 de novembro en Tomiño unha nova xornada de convivencia con máis de 400 persoas do movemento veciñal da vila e do conxunto do Baixo Miño. Será no marco do programa +Convivir, e terá lugar no Multiúsos de Sobrada a partir das 16:30 horas da tarde. Nestes eventos, unha serie de xornadas lúdicas e formativas dirixidas ao movemento veciñal, a Deputación está a pór en valor como se constrúe a provincia de Pontevedra “xuntos e entre todos”.

A xornada de +Convivir en Tomiño comezará ás 16:30 horas coa intervención do presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López. Ao longo da tarde terá lugar unha charla sobre os beneficios da auga e xeitos de empregar responsablemente este recurso, da man da asociación de traídas de auga rurais COXAPO, así como outra charla formativa sobre o alzhéimer a cargo da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias de Galicia (AFAGA). A elas seguiralle un obradoiro de risoterapia e outro de ximnasia de mantemento. Para finalizar, as actividades irán seguidas dun viño galego para todos os participantes amenizado por unha actuación musical.

A través de +Convivir a Deputación de Pontevedra amosa as súas sinerxías co movemento veciñal para dinamizar a provincia de Pontevedra. A de Tomiño é a sexta parada desta iniciativa, tralas xuntanzas celebradas o 13 de setembro en Poio, o 28 de setembro en Cambados, o 26 de outubro en Cuntis, o 10 de novembro na Estrada e o 16 de novembro en Mos, con máis de medio milleiro de persoas en cada cita.

Relacionadas

Tui será en 2026 a sede de Hispacon, o Congreso de Fantasía, Ciencia Ficción...

0
Será a cuarta cidade galega en acoller este evento que reunirá a nomes relevantes do xénero fantástico e que brindará múltiples actividades Tui será a...

A rapazada de Redondela plasma as súas reivindicacións no Pleno Infantil

0
O auditorio do Xunqueira acolleu esta mañá a celebración dun pleno infantil no que participaron alumnos e alumnas dos centros de primaria e secundaria...

Ponteareas celebra o seu pleno infantil

0
Na semana na que celebramos o Día Mundial da Infancia o Concello de Ponteareas celebra o seu pleno infantil no que escoitar e recoller...

Luis López presume en Marín “dunha provincia extraordinaria, chea de xente extraordinaria” na entrega...

0
O presidente provincial destacou a calidade do sector hostaleiro da provincia, da beleza paisaxística das Rías Baixas e do talento dos pontevedreses e pontevedresas...

Unanimidade en Salceda ante o proxecto de saneamento da parroquia de Entenza proposto polo...

0
O Pleno aproba o proxecto por valor de 856.850,01 € para dar servizo a 115 vivendasO Goberno presenta o proxecto no Plan Provincia extraordinaria...

O concello presenta o seu espazo de conciliación para este Nadal

0
Este ano haberá 4 horarios para conciliar nas vacacións de Nadal, dende o 23 de decembro ao 3 de xaneiro. Trátase dun espazo de...

Publicacións Relacionadas