HomePontevedraCaldasA Deputación leva este domingo a Portas o programa provincial +Música cun...

A Deputación leva este domingo a Portas o programa provincial +Música cun musical baseado en Curros Enríquez e Los Tamara

- Anuncio -spot_img

“Unha noite na eira do trigo”, promovido por Ilusiónate Producións, representarase na Azucreira ás 20:30 horas

+Música está dotado este ano de 700.000 €, 100.000 € máis que o pasado ano, para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 8 de xuño a Portas o musical “Unha noite na eira do trigo”, do grupo Ilusiónate, enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas.

“Unha noite na eira do trigo” é un musical baseada nun poema de Curros Enríquez e que fía a partitura musical do grupo Los Tamara. O musical, promovido por Ilusiónate Producións, narra a historia de amor entre dous mozos durante as décadas dos anos 20 e 30 do pasado século. O elenco está formado, entre outros, por intérpretes como Manuel Manquiña, Pili Pampín, Dani Dopazo e Pepo Suevos.

A actuación é dunha das 78 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro nos 59 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa provincial ten un orzamento de 700.000 euros, 100.000 euros máis que na pasada edición, cos que a Deputación aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a institución provincial aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade.

Publicacións Relacionadas