O BNG de Meaño logra a unanimidade do pleno para defender a estabilidade da D.O. Rías Baixas.

Redacción
Lectura mínima de 2

O goberno de Viéitez incumpriu a regra de gasto e pecha 2025  cun déficit de 500.000€.

O Pleno do Concello de Meaño aprobou o venres 27 de marzo, por unanimidade, a moción presentada de urxencia polo BNG para rexeitar a redución do rendemento máximo da uva Albariño e instar  á Xunta de Galiza a abordar os problemas estruturais da Denominación de Orixe.

A proposta promovida por ASAGA pretendía baixar dos 12.000 kg/ha actuais aos 10.000 kg/ha, pero a presión dos pequenos viticultores logrou a súa retirada do Consello Regulador. O BNG advertiu que a retirada non garante que non se volva intentar no futuro, e reclama que se desista de crear tensión nun sector que precisa estabilidade.

A moción aprobada incluía estes acordos:

–          Rexeitar a modificación do prego de condicións da DO que supón unha redución do rendemento máximo, respectando o consenso dos 12.000 Kg/Ha.

–          Instar á Consellería do Medio Rural da Xunta de Galiza a elaborar de xeito urxente estudos técnicos que analicen a situación actual da DO, abordando aspectos como a estabilidade de prezos, a reforma do Consello Regulador para darlle máis pluralidade, fórmulas de pago ao contado da produción, o control de novas plantacións e outras medidas que garantan a estabilidade e proxección da denominación de orixe.

–          Comunicar este o acordado ao Consello Regulador e á Consellaría de Medio Rural.

Nesta mesma sesión o BNG meañés denunciou que o goberno de Viéitez incumpriu a regra de gasto en 2025, pechando o ano cun déficit de 500.000€. En consecuencia que a  Lei obrigou ao rexedor a elaborar un Plan Económico que estará vixente ata 2029. Este supón unha forte caída do investimento, cunha redución do 73% a partir de 2027, poñendo en dúbida a execución das obras previstas.Ademais, advertiron do risco que isto supón para os servizos públicos e reclamou garantías de que non se verán afectados os servizos esenciais nin as necesidades básicas da veciñanza.

Comparte este artigo