Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación leva este sábado a Ribadumia o circuíto +Escénicas con “4.0.”...

A Deputación leva este sábado a Ribadumia o circuíto +Escénicas con “4.0.” de Sue Moreno

- Anuncio -

A peza teatral, para público familiar, poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio Municipal dentro da IV Gala Homenaxe ás Mulleres de Ribadumia organizada para conmemorar o Día Internacional da Muller

+Escénicas trátase dun circuíto de teatro e danza promovido pola Deputación para os concellos de menos de 20.000 habitantes, que na súa segunda edición contará con 195.000 euros

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 8 de marzo o teatro ao concello de Ribadumia cunha actividade enmarcada no circuíto +Escénicas, co que a institución provincial apoia a programación de espectáculos de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, e cuxa segunda edición acaba de ser convocada cun orzamento de 195.000 euros fronte aos 150.000 euros da primeira. Esta función correspóndese á programación do primeiro circuíto, que completará a súa andaina este mes de marzo tras percorrer 49 concellos.

En Ribadumia conmemorarán o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coa posta en escena o sábado 8 do espectáculo  “4.0.”, de Sue Moreno, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal dentro da IV Gala Homenaxe ás Mulleres de Ribadumia “Ribadumia coopera en Feminino”. “4.0” é un espectáculo no que a actriz, trapecista e bailarina Sue Moreno mestura técnicas aéreas circenses con cancións e teatro físico, cunha estrutura de 6 metros de altura e tomando o humor como partitura. A historia presenta a unha muller no seu día a día, tratando de conciliar o seu traballo, vida e maternidade e mostrando as mil caras desta etapa desde unha mirada divertida, tenra e, ás veces, absurda.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. A cada concello corresponderalle no segundo ciclo do circuíto unha achega máxima de 3.800 euros para financiar ata cinco espectáculos, incluídos nun amplo catálogo de danza e teatro posto á súa disposición (e dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra).

Relacionadas

Galitoon presenta este venres en Tui “Facendo o indio”

0
Será ás 19 h no Teatro Municipal. As entradas están á venda en tui.gal “Facendo o indio” é o título do espectáculo, para público familiar,...

Tui lembra a figura de Manuel Lago González, o arcebispo poeta

0
Un acto da Real Academia Galega e un ciclo de actividades centran esta homenaxe O vindeiro martes, 18 de marzo, cúmprese o centenario do falecemento...

12.000€ en premios e alta participación no Entroido do concello de Ponteareas

0
O Concello de Ponteareas fai un balance positivo do Entroido 2025 con rúas e prazas ateigadas de veciñas e veciños, un bo número de...

Redondela agarda que a Xunta recupera a Fundación Illa de San Simón

0
- O Concello solicitou hai cinco meses unha reunión co conselleiro de Cultura para tratar a situación da illa de San Simón. Ante o...

Luis López asiste ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este mércores en Vilagarcía ao acto de reacreditación do Hospital do Salnés como centro IHAN,...

O Concello de Ponteareas lanza a segunda das residencias de Artistea que traballará as...

0
Dende hoxe mércores día 5 de marzo e ata o vindeiro luns día 10 de marzo estará aberto o prazo para presentar solicitudes O Concello...

Publicacións Relacionadas