HomeBaixo MiñoA GuardaA KDD Bonita reunirá a máis dun centenar de coches no Porto...

A KDD Bonita reunirá a máis dun centenar de coches no Porto da Guarda

- Anuncio -spot_img
  • Nace na Guarda un novo evento automovilístico con zona dj, foodtrucks, sorteos e concursos

Este domingo máis dun centenar de coches reúnense na Guarda na I KDD Bonita. A zona da Atalaia é o punto elixido para este evento co obxectivo de fomentar a cultural automotriz local, ademais de atraer visitantes.

Dúas das súas organizadoras, Sheila Dacosta e Michelle Goncalves, achegáronse á Casa dos Alonso, para presentar esta quedada ao alcalde da Guarda, Roberto Carrero, e ao concelleiro de Deportes e Cultura, Celso Fariñas, xa que o Concello colabora na primeira edición desta quedada.

Dacosta, membro tamén do grupo de coches local #Euvoudechil, explica que “vai vir xente da Coruña, de Ourense, Santiago…pero non veñen só os condutores, senón que trae toda a familia para pasar o día”.

Do mesmo xeito, Goncalves, manifestaba a súa sorpresa ante o éxito da quedada, “non agardábamos ter esta acollida e que chegara a tanta xente”.

A reunión comezará ás 12:30h e está aberto a todo aquel que queira participar. Xa pola tarde darán comezo os concursos de petardazo, limbo, coche con máis xente, e coche moderno e antigo. A partir das 20:30h realizaranse as entregas de premios e os sorteos.

A quedada tamén contará con zona dj e food trucks. “É xenial ver nacer na Guarda novos eventos, diferentes, impulsados por xente nova”, destaca o alcalde, “desde logo que será unha xornada para que os participantes e asistentes desfruten dunha paixón e afición común nun ambiente e entorno inmellorable”.

Publicacións Relacionadas