HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este sábado a Salvaterra de Miño o circuíto +Escénicas...

A Deputación leva este sábado a Salvaterra de Miño o circuíto +Escénicas cun espectáculo de danza

- Anuncio -spot_img

“Mesura”, de Raquel Ferradás, representarase ás 12:00 horas na Fortaleza da vila

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 24 de maio o circuíto +Escénicas ao concello de Salvaterra de Miño da man do espectáculo de danza “Mesura”, a cargo de Raquel Ferradás. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

“Mesura” representarase na Fortaleza de Salvaterra de Miño ás 12:00 horas e constitúe un baile á espera nos diferentes momentos na vida. O mar terá un papel protagonista nos movementos de Ferradás, simbolizando tanto cando está en calma e tranquilo como cando as ondas irrompen sen aviso. “Mesura” transmite a continua transformación dos mares desesperados, que arrastran penas e as fan avanzar de forma automática ou consciente, e que traen correntes de aire que poden afogar ou devolver un aroma fresco a salitre.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril deste ano e marzo do próximo representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas