Home Pontevedra A Paradanta A Deputación leva este sábado ata A Cañiza o circuíto +Escénicas e...

A Deputación leva este sábado ata A Cañiza o circuíto +Escénicas e ata As Neves o ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -

Na Casa da Cultura da Cañiza poderase ver a partir das 20:30 horas “O xardín de Vila Gris” de Fulano, Mengano e Citano no marco do novo circuíto cultural provincial

No auditorio municipal das Neves poderase ver una sección de curtas enmarcadas no ciclo promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a institución provincial

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 9 de novembro ata A Cañiza o novo circuíto cultural +Escénicas coa obra “O xardín de Vila Gris” a cargo de Fulano, Mengano e Citano. A peza, para público infantil e familiar, poderá verse na Casa da Cultura da vila ás 20.30 horas. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

“O xardín de Vila Gris” céntrase na historia de Martín, un habitante de Vila Gris que vive baixo a ameaza de Don Nefasto Funesto, un cobizoso construtor de edificios que adora o diñeiro máis ca nada no mundo e pretende apropiarse dese recanto para poñer en pé unha altísima torre de cemento. Martín non está disposto a perder o seu paraíso e Don Nefasto a perder o seu diñeiro. E, mentres as historias acontecen, o último lugar verde de Vila Gris corre un grave perigo.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Ciclo Mestre Mateo
Pola súa banda o Auditorio Municipal das Neves acolle tamén o sábado 9 de novembro a sección de curtas do ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual xunto coa Deputación de Pontevedra. Nesta sesións, poderanse ver curtametraxes como “Antes de que se poña o sol”, “O coidado”, To bird or not to bird”, “O neno sardiña” e “Ulises”.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo chegará, ademais de ás Neves, a Ribadumia, a Cerdedo-Cotobade e Moraña. Ademais das curtametraxes, poderanse ver pelícuas como “Matria”, “Fatum”, “O Corno” e “¡Salta!! E documentais como “A viaxe de Lucy”, “Emoción, vida e teatro, a nave das Marías”, “Chichi e mais eu” e “Os espazos en branco”.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

Aberto o prazo para o Concurso de Escaparates de Nadal

0
A concellería de Comercio do Concello de Ponteareas informa que abre o prazo de inscrición para participar no Concurso de Escaparates de Nadal. Ata...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

0
-          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense -          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que...

BlackBird Barber Concept brilla nos Premios SOYBARBUDO e fai historia na Barber League

0
A barbaría porriñesa fíxose con tres estrelas no reputado circuíto nacional SoyBarbudo, que destaca as mellores do paísIgor Drodzov alzouse co premio ao Mellor...

O Concello de Nigrán ofrecerá este venres o concerto do cuarteto de clarinetes da...

0
Terá lugar na capela da Alameda de San Campio ás 20:00 horas O Concello de Nigrán ofrecerá este venres 6 de decembro o concerto do...

Publicacións Relacionadas