HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este semana a máis de 90 persoas da provincia...

A Deputación leva este semana a máis de 90 persoas da provincia a desfrutar do programa de termalismo +Benestar

- Anuncio -spot_img

Veciños e veciñas de 20 concellos da provincia gozarán de estancias no Hotel Carlos I Silgar e no Gran Talaso Hotel Sanxenxo e de actividades de ocio saudable e envellecemento activo

91 persoas de 20 concellos da provincia desfrutarán esta semana do programa de termalismo da Deputación de Pontevedra +Benestar con estadías no Hotel Carlos I Silgar e no Gran Talaso Hotel Sanxenxo. En concreto, trátanse de veciños e veciñas dos concellos de A Guarda, As Neves, Baiona, Cangas, Cuntis, Lalín, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, Nigrán, O Rosal, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda Tui e Vigo.

Ao detalle, ata 48 persoas de Baiona, Cangas, Cuntis, Marín, Meaño, Moaña, Moraña, Mos, As Neves, Nigrán, Pontecesures, Pontevedra, Redondela, Salceda de Caselas, Silleda, Tui e Vigo desfrutarán de +Benestar no Hotel Carlos I de Silgar, en Sanxenxo, e outras 43 da Guarda, Lalín, Mos, Pontevedra, O Rosal, Salceda de Caselas, Tui e Vigo farán o propio no Gran Talaso Hotel Sanxenxo.

No marco do programa de termalismo +Benestar, preto de 2.200 persoas de máis de 55 anos de 60 concellos da provincia pasarán seis días e cinco noites en balnearios, talasos ou spas de Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín. A Deputación de Pontevedra pretende con esta iniciativa facilitar aos veciños da provincia o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e, ao mesmo tempo, dinamizar a economía da provincia, impulsando a creación e o mantemento de postos de traballo no sector turístico durante os períodos de menor actividade.

O organismo provincial subvenciona as prazas de réxime xeral con 100 €, mentres que as de réxime especial están subvencionadas con 400 €, e os usuarios deben facerse cargo da cantidade restante. Ademais da estadía, o paquete de +Benestar comprende a pensión completa, o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día, e tamén o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Publicacións Relacionadas