HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este venres a Vilanova de Arousa a proxección do...

A Deputación leva este venres a Vilanova de Arousa a proxección do documental “Salvaxe, salvaxe” no marco do Ciclo Mestre Mateo

- Anuncio -spot_img

A proxección do documental de Emilio Fonseca terá lugar no Auditorio Valle Inclán ás 11:45 horas

O ciclo, no que a institución provincial colabora coa Academia Galega do Audiovisual, está a desenvolverse este ano, ademais de en Vilanova de Arousa, en Marín, Mondariz e Salvaterra de Miño

O Auditorio Valle Inclán de Vilanova de Arousa acolle este venres 17 de outubro ás 11:45 horas a proxección do documental “Salvaxe, salvaxe”, de Emilio Fonseca. A actividade forma parte do Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Academia Galega do Audiovisual para achegar as longametraxes de ficción e documentais finalistas dos premios do audiovisual galego aos concellos da provincia.

O documental “Salvaxe, salvaxe” rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico nos montes de Galicia e do norte de Portugal, atravesa un conto cargado de mitoloxía popular e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural e salvaxe. Este ensaio fílmico en realidade é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear.

A programación desta nova edición do Ciclo Mestre Mateo desenvólvese tamén este ano en Marín, Mondariz e Salvaterra de Miño. Ademais de “Salvaxe, salvaxe”, en Vilanova de Arousa no mes de outubro haberá proxeccións dos documentais “Filmei paxaros voando” (hoxe, 14 de outubro) e das longametraxes “As Neves” (mañá, 15 de outubro) e “+Cuñados” (19 de outubro).

Publicacións Relacionadas