Home Pontevedra Caldas A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña,...

A deputada Isabel Couselo supervisa en Portas as obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros

- Anuncio -

Na súa visita percorreu xunto co alcalde de Portas, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a executar as obras de renovación de firme e mellora da seguridade viaria

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, acaba de visitar en Portas o estado de execución das obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña, nas que a institución provincial está a investir preto dun millón de euros. Na súa visita, percorreu xunto co alcalde da vila, Ricardo Martínez, un tramo no que se están a desenvolver as obras de renovación do firme e de mellora da seguridade viaria.

A actuación, financiada integramente pola Deputación de Pontevedra, está a permitir solucionar o mal estado do firme en todo o treito desta estrada provincial que discorre polos concellos de Caldas, Meis, Portas e Vilanova de Arousa. Deste xeito, as obras contemplan a reparación da estrada, mediante a execución de saneos e fresado da capa de rodadura existente. Ademais, estase a proceder a aplicar un tratamento superficial e a repoñer o firme existente mediante a extensión dunha capa de formigón bituminoso en quente.

As obras na EP-8004 Caldas-Vilanoviña tamén contemplan a execución de pasos de peóns sobreelevados e a reposición de sinalización horizontal e vertical, co fin de salvagardar a debida prestación do servizo público e de mellorar a seguridade viaria.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas