HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación leva este venres o teatro a Moaña a través do...

A Deputación leva este venres o teatro a Moaña a través do circuíto +Escénicas

- Anuncio -spot_img

Representarase “Máis saaabor!”, da compañía Culturactiva, no Parque de San Bartolomeu de Meira ás 19:00 horas

+Escénicas é o circuíto da institución provincial que leva unha completa programación de teatro e danza aos concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación de Pontevedra leva este venres 6 de xuño o circuíto +Escénicas ao concello de Moaña da man do espectáculo “Máis Saaabor!”, promovido por Culturactiva Producións. Trátase dunha actuación enmarcada na segunda edición desta iniciativa provincial, que apoia a programación de teatro e danza nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia cun orzamento de 195.000 euros, 45.000 euros máis que na súa primeira convocatoria.

O espectáculo “Máis Saaabor!” é unha proposta cómica, para público infantil e familiar, de creación propia en torno ao mundo da gastronomía e a alimentación saudable. A peza mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público. Dous recoñecidos chefs ofrecen unha comida moi musical para toda a familia, unha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade entre o público galego. O food truck de “Máis Saaabor!” é un carro de xantar de grandes dimensións do que xorden infinidade de xogos cómicos e máxicos e unha chea de elementos e trebellos cos que cociñar música.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación dá resposta á demanda que o sector profesional vén facendo desde fai máis de 15 anos. Tralo éxito da primeira edición, entre abril de 2025 e marzo de 2026 representaranse un total de 136 funcións, escollidas entre un catálogo de espectáculos dispoñible no sitio web da Deputación de Pontevedra, en 50 concellos da provincia de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas