A peza, pensada para o público adulto, poderá verse no Auditorio Municipal este domingo 27 de outubro ás 19:00 horas
+Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia
A Deputación de Pontevedra leva +Escénicas ata Caldas de Reis coa obra teatral “Cabaré climático” a cargo da compañía VasRIR. A peza, pensada para o público adulto, poderá verse no Auditorio Municipal este domingo 27 de outubro ás 19:00 horas. +Escénicas trátase dun novo circuíto da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que vai espallar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.
“Cabaré climático” sitúase no futuro, concretamente no 2075, ano no que o cambio climático é xa unha realidade. Alén das repercusións que xa se supoñían, hai outras nas que ninguén reparou. A obra fai unha aproximación con música en directo e humor sobre como o cambio climático podería afectar no futuro ás relacións entre individuos, ás de parella ou ao carácter. VasRIR está formada por Luís Iglesias e os membros de Gallaecia Big Band, Patty Lesta e Cristian Leggiero.
Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao seu abeiro a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.