Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar...

A Deputación levou no 2024 a preto de 13.000 persoas a desfrutar dos recunchos da provincia a través do programa +Convivencia

- Anuncio -

En total, gozaron de excursións ao abeiro deste programa 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de 47 concellos da provincia

Un total de 12.890 persoas de 202 entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais, culturais e ANPAS de 47 concellos participaron ao longo do pasado ano no programa +Convivencia, a través do cal puideron coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. Desta maneira, o programa ofreceu a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación en recursos patrimoniais da provincia.

O programa +Convivencia, cun orzamento de 220.000 euros, ofreceu ás entidades un amplo catálogo de actividades relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa ou a popular, co Camiño de Santiago ou cos museos. Como novidade, o goberno provincial destinou no 2024 a cada entidade unha axuda de ata mil euros para que puidera xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. En liñas xerais, os concellos dos que máis entidades participaron no programa provincial foron Vigo, con 41, Pontevedra, con 23, seguidos por Vilagarcía, con dez, e Ponteareas e Salceda de Caselas, con seis cada un.

Por zonas na contorna de Pontevedra organizáronse un total de 40 saídas de 24 entidades sen ánimo de lucro de Pontevedra, 3 de Marín, 3 de Ponte Caldelas, 2 da Lama, 2 de Campo Lameiro, 2 de Cuntis, 2 de Poio, 1 de Moraña e 1 de Portas. De Vigo e do sur da provincia foron 106, 41 de entidades Vigo, 12 de Mos, 12 de Redondela, 6 de Ponteareas, 6 de Salceda de Caselas, 4 da Guarda, 4 de Soutomaior, 3 de Arbo, 3 de Baiona, 2 de Oia, 2 de Salvaterra de Miño, 2 de Tomiño, 2 de Tui e unha das Neves, Crecente, Fornelos de Montes, Nigrán, O Porriño, O Rosal e Pazos de Borbén, respectivamente.

Na zona do Salnés e Arousa foron 27 as saídas que se levaron a cabo ao abeiro de +Convivencia, sendo 10 de asociacións de Vilagarcía, 5 de Cambados, 5 de Vilanova, 2 de Meaño, 2 de Meis, 1 da Illa de Arousa, 2 de Ribadumia e 1 de Valga. Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes participaron foron 17, 4 de Silleda, 3 de Cerdedo-Cotobade, 3 de Lalín, 3 de Vila de Cruces, 2 da Estrada e 2 de Dozón. Finalmente, no Morrazo o programa chegou a 12 entidades sociais, 5 de Bueu, 4 de Moaña e 3 de Cangas.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao partido da European Cup Feminina entre o Club...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe ao partido de volta dos oitavos de final da European Cup Feminina, que enfrentou ao Conservas Orbe Zendal BM Porriño e...

O BNG de Vigo pedirá a retirada da proposta de Dolores Galovart como nova...

0
A fronte nacionalista insiste en demandar un diálogo entre todos os grupos que permita unha designación unánime fronte ao “dedazo absolutista” que pretende Caballero Advirten...

A Deputación abre este luns o prazo para participar na ruta ornitolóxica de Voando...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades deste ano comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán, nunha zona de alto valor ecolóxico que destaca...

Luis López salienta o traballo a prol da inclusión das persoas maiores e con...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, visita as instalacións que a Fundación Ofirvida ten neste...

A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á sétima edición do Certame de Rondallas da Área...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á sétima edición do Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, un espectáculo que reuniu...

A Camelia loce en todo seu esplendor no Claustro da Catedral de Tui esta...

0
75 expositores galegos, portugueses e asturianos que presentan as súa flores cunha coidada decoración Distintas cores, variedades, formas e tamaños da camelia locen en todo...

Publicacións Relacionadas