HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación mobiliza esta semana catro colectivos sociais de tres concellos da...

A Deputación mobiliza esta semana catro colectivos sociais de tres concellos da provincia nos obradoiros de +Xuntas

- Anuncio -spot_img

+Xuntas é un programa provincial destinado a promover a igualdade a través de actividades formativas que chegarán neste 2025 a entidades de 56 concellos

A Deputación de Pontevedra comeza esta semana novas actividades formativas do programa +Xuntas que mobilizarán un total de catro colectivos sociais de Cerdedo-Cotobade, Pontevedra e Redondela. A través desta iniciativa, a Deputación busca promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, un dos grandes compromisos e obxectivos transversais do goberno da institución provincial.

Desta maneira, este luns 19 de maio 14 persoas da Asociación de Enfermos de Artrite de Pontevedra, de Redondela, comezan o curso de artesanía en coiro, mentres que o martes 20 de maio será a quenda de 24 persoas da Asociación de Mulleres Rurais “Os Muíños” de Marcón, de Pontevedra, co obradoiro de musicoterapia, e o doutras 20 da Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra, de Cerdedo-Cotobade, co de risoterapia. Por último, o sábado 24 de maio 12 mulleres da Asociación Cultural Reiriz 2016 A Queimada, de Pontevedra, darán comezo ao obradoiro de plantas medicinais.

No marco do programa +Xuntas este ano terán lugar 207 obradoiros dirixidos a entidades de 56 concellos da provincia que traballan na promoción das mulleres, apoiando o seu desenvolvemento. O programa ten un orzamento de 325.000 euros e chegará a máis de 5.000 mulleres, xa que cada un dos cursos está dirixido a un máximo dunhas 20-25 persoas. Ás entidades ofrecéronselle 26 obradoiros encadrados en catro bloques temáticos relacionados coa tecnoloxía, a creatividade, o medio natural e a saúde.

Os obradoiros de +Xuntas adxudicáronse a colectivos da Cañiza, A Estrada, A Guarda, A Illa de Arousa, A Lama, Arbo, As Neves, Baiona, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Cambados, Campo Lameiro, Cangas, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Crecente, Cuntis, Dozón, Fornelos de Montes, Gondomar, Lalín, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Mondariz, Moraña, Mos, O Grove, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Poio, Ponte Caldelas, Ponteareas, Pontevedra, Portas, Redondela, Rodeiro, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Tomiño, Tui, Valga, Vigo, Vila de Cruces, Vilaboa, Vilagarcía e Vilanova de Arousa.

Publicacións Relacionadas