A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

adminON
Lectura mínima de 2

Os obradoiros que promove a institución provincial terán lugar o luns e o mércores e centraranse na ciberseguridade e na reciclaxe de residuos plásticos

A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que terán lugar este luns e mércores, abordarán cuestións relacionadas coa ciberseguridade e a reciclaxe do plástico.

As accións formativas inícianse este luns, 25 de marzo, ás 10:30 horas, con “Ciberseguridade, dispositivos móbiles”. O obxectivo deste obradoiro é o de analizar a importancia de protexer os dispositivos móbiles, dada a súa relevancia actual ao desprazar aos ordenadores na xestión cotiá dos negocios. Será impartido de xeito telemático polo experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire.

Pola súa banda, o mércores 27 de marzo, de 12:00 a 13:00 horas, terá lugar “Reciclando plástico con Aventura Plástica”, un obradoiro divulgativo co obxectivo de concienciar sobre a problemática do plástico. Esta acción celebrarase no local de Aventura Plástica en Gondomar e nel Fabián Freiría e Alba Villanueva concienciarán sobre o problema global do plástico e abordarán a práctica de reducir e transformar os residuos plásticos no medio ambiente.

Comparte este artigo