Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia”...

A Deputación organiza esta semana 13 saídas ao abeiro do Plan “+Convivencia” coa participación de preto de 1.000 persoas

- Anuncio -

Os participantes, de entidades de dez concellos da provincia visitarán lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo, Cambados ou Pontevedra, entre outros

Preto de 1.000 persoas de 13 entidades sociais dos concellos da Illa de Arousa, Cuntis, Mos, O Rosal, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Tomiño, Vigo e Vilaboa participarán esta fin de semana en saídas do programa +Convivencia da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que ofrece a oportunidade de compartir experiencias e crear espazos de participación en recursos patrimoniais da provincia. Neste caso, o programa provincial chegará a lugares como as illas de Ons e Cíes, Tui, A Guarda, Baiona, Poio, Portonovo, Cambados ou Pontevedra, entre outros

Este sábado 14 de setembro serán nove entidades as que desfruten das súas saídas. En concreto, 56 persoas da Asociación de Mulleres Rurais San Vicente, da Illa de Arousa, visitarán o castro de Santa Tegra e o centro histórico de Tui; 55 persoas da Asociación Rural dos Veciños Piñeiro, de Cuntis, percorrerán Tui, A Guarda e Baiona; 54 da Asociación Agrupación Musical do Rosal farán unha excursión ao Mosteiro de Poio, Combarro e Portonovo; 53 da Asociación Veciñal San Vicente e Canedo, de Ponteareas, e 75 da ANPA CEIP Marcón, de Pontevedra, visitarán as Illas Cíes; e 52 da Asociación Centro Social, Cultural e Recreativo de Cedeira, de Redondela, 54 da Asociación de Veciños, Cultural, Deportiva e Recreativa de San Salvador de Sobrada, de Tomiño, 286 da ANPA CEIP Emilia Pardo Bazán, de Vigo, e 55 da Asociación Cultural Cobres, de Vilaboa, farán unha excursión á Illa de Ons.

Por outra parte, o domingo 15 de setembro 50 persoas da Asociación Cultural San Nicolas de Prado, de Ponteareas, farán unha excursión ao Mosteiro de Poio e Combarro; o martes 17 de setembro 50 persoas da Casa Santa María da Esperanza Escravas da Virxe Dolorosa, de Mos, percorrerán a illa de Ons, e o mércores 18 de setembro 50 persoas da Asociación Cultural Galega de Formación Permanente en Adultos (ATEGAL), de Vigo, visitarán o Pazo Quinteiro da Cruz, a Fundación Manolo Paz e o conxunto histórico de Cambados e 60 persoas da Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra (ASPANAEX), de Vigo, coñecerán a cidade de Pontevedra, a súa arquitectura, historia e costumes.

O programa +Convivencia, dotado de 220.000 euros, permite a entidades sen fins de lucro da provincia coñecer o patrimonio natural, artístico, etnográfico e cultural da provincia de Pontevedra. A Deputación oferta un amplo catálogo de actividades de todo tipo relacionadas coa arqueoloxía, coa arquitectura civil, a relixiosa, a popular, cos faros, co Camiño de Santiago ou cos museos. Todas as propostas están abertas a entidades de iniciativa social, asociacións de mulleres, de maiores, veciñais e culturais ou tamén ANPAS da provincia. O prazo para solicitar as actividades, que deberán realizarse antes do 15 de decembro, permanece aberto ata o 1 de decembro.

Como novidade, o goberno provincial destina este ano a cada entidade unha axuda de ata mil euros para que poidan xestionar e deseñar con total autonomía a súa actividade, favorecendo a contratación de empresas do tecido máis próximo e estimulando a economía local. Deste xeito rómpese co que acontecía ata o de agora, pois eran grandes grupos de viaxes, moi afastados das asociacións que organizaban as actividades, os que se facían coas ofertas.

Relacionadas

O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro,...

Luis Menor reivindica o traballo de Manuel Outomuro “para entender a cultura visual española...

0
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación acolle desde hoxe esta exposición do prestixioso fotógrafo, froito do traballo de colaboración entre o autor, a...

O pleno da corporación municipal do concello de Campo Lameiro garda un minuto de...

0
Aprobaron unha axuda de natalidade e os festivos locais que quedan fixados para o 13 de xuño, San Antón, e 29 de setembro, San...

O BNG traslada problemas ocasionados polas obras do saneamento no Lameira

0
Dende o BNG de Marín denúnciase a falta de accións ante os vertedoiros e a precariedade na execución das obras, que afectan á veciñanza...

Luis López sinala que o aumento do 40 % nas axudas a cooperativas agrícolas...

0
O presidente provincial percorreu os viñedos e a bodega de Paco & Lola en Meaño con motivo de inicio da campaña da vendima, onde...

Este venres o historiador Bieito Alonso presenta en Tui o seu último libro

0
Trátase de “Inimigos ás portas: Frank López e o anarquismo global”. Será ás 20 h na Sala Municipal Este venres, 20 de setembro, ás 20...

Publicacións Relacionadas