HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación participa na entrega de premios do XI Certame de Relato...

A Deputación participa na entrega de premios do XI Certame de Relato Curto organizado por Fanpa

- Anuncio -spot_img

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, participou este xoves no Teatro Principal de Pontevedra no acto de entrega de premios do XI Certame de Relato Curto organizado por Fanpa, a Federación de ANPA da provincia de Pontevedra, coa colaboración da institución provincial. “Este concurso segue estando moi vivo, ano tras ano, para poñer en valor a creatividade que se pode palpar nos centros educativos da provincia de Pontevedra”, promovendo “algo tan fermoso e tan valioso como é a nosa lingua, á vez que anima os máis pequenos a iniciarse no mundo das letras e compartir o seu talento co mundo”.

O vicepresidente da Deputación trasladou os parabéns de todo o goberno provincial aos autores dos 120 relatos finalistas e tamén o seu agradecemento “aos profesionais do noso ensino público que animastes o alumnado a participar”. Ademais, sinalou o compromiso da Deputación con accións similares a esta, como a categoría de narrativa breve dos Premios Provinciais á Xuventude, na que “cada ano recibimos máis traballos e por iso estamos organizando actividades paralelas como encontros literarios, obradoiros ou a publicación de todos os textos gañadores”, ou a Editorial da Deputación que leva publicados preto de mil títulos desde a súa posta en marcha. “Temos un compromiso firme coa cultura, que é unha das nosas prioridades como goberno, e facémolo tendendo pontes coa comunidade educativa”, sinalou Domínguez.

Publicacións Relacionadas