Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación patrocina a celebración en Ramirás da XVII edición do Festival...

A Deputación patrocina a celebración en Ramirás da XVII edición do Festival Internacional Rebulir, “un certame que pon en valor a Galicia e a interculturalidade”

- Anuncio -

O vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na presentación da XVII edición do Festival Internacional Rebulir, que se celebrará do 15 ao 18 de decembro

Os premios Rebulir da Cultura Galega 2022 foron outorgados a Fuxan os Ventos -na categoría de Música Galega-, Celso Fernández Sanmartín -na categoría de Artes Escénicas- e Xosé Luís Méndez Ferrín -na categoría homenaxe-

A XVII edición do Festival Internacional Rebulir (FIR) botou a andar este xoves co obxectivo de seguir dando a coñecer a cultura doutros lugares en Ramirás -e actividades en Celanova e Ourense-. Para realizar estas mostras culturais, o festival, que conta co patrocinio da Deputación de Ourense, propón ata o domingo 18 unha ampla variedade de actividades que estarán a cargo de diversos grupos chegados desde Andalucía, Portugal, Chile e Perú.

A presentación do certame tivo lugar esta mañá na Deputación de Ourense e contou coa participación do vicepresidente primeiro da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; a alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil; a directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Cristina Pichel; e o director do FIR, Alexandre Sotelino.

Na súa intervención, Rosendo Fernández destacou “a colaboración e cooperación da Deputación de Ourense e o seu compromiso coa cultura galega”. O vicepresidente provincial defendeu que o FIR “é un evento consolidado, no que os veciños se implican enormemente e que da lugar á ampliación de coñecementos sobre outras culturas”. Ademais, quixo salientar que son obxectivos deste certame a “posta en valor da cultura galega”, así como “propiciar a convivencia intercultural e axudar ao desenvolvemento cultural e socioeconómico da comarca”.

A alcaldesa de Ramirás, Isabel Gil, afirmou que “é un orgullo poder contar coa asociación rebulir, que medra ano e ano en actividade e calidade”. Para o concello, “é unha honra e un privilexio poder ter este certame internacional nun núcleo pequeno, o que fai que Ramirás sexa difundido polo mundo”.

O director do FIR, Alexandre Sotelino, comezou agradecendo “á Deputación de Ourense que nos acolle, e pola súa colaboración e atención que nos presta xa que non podíamos facer un festival sen as administración locais”. Sotelino defendeu que o FIR “é unha simbiose entre as administracións públicas e as entidades privadas, con máis de 40 patrocinadores”. Ademais destacou que “este ano batemos récords en número de artistas e de organizadores, e temos completado o aforo de todas as actividades así como os aloxamentos da comarca, o que demostra o potencial dinamizador da economía e o turismo en Ourense”.

Para o director do certame, “o FIR é mais que un festival, é un proxecto anual de dinamización, e ante todo un proxecto pedagóxico, onde se pretende poñer en valor a conexión do noso co de outros. Trátase de abrazar a diversidade e procurar a esencia das persoas, de buscar as similitudes”.

Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, destacou “o compromiso da Xunta de Galicia con este festival, o cal “é moito máis que un evento cultural. O FIR é unha aposta por visibilizar a cultura galega, é unha ventá aberta ao mundo, sirve a Galicia como un escaparate e é unha aposta polo rural galego”.

Programación do FIR

Este xoves 15, despois da presentación do certame realizada na Deputación de Ourense procedeuse coas aperturas da Feira Turístico-Promocional -no Centro Cultural do Picouto- e da exposición “Luces Alén Mar” -localizada no Centro de Saúde de Ramirás e coorganizada co Consello da Cultura Galega-. Xa pola tarde, realizarase no Espazo Xove de Ourense unha palestra sobre a interculturalidade e un obradoiro sobre a diversidade.

O venres 16 dará inicio co espectáculo infantil “O Tranvía Leonardo”, que será realizado pola compañía galega Fantoches Baj ás 11,00 horas no CEIP Rogelio García Yáñez. Ás 16,30 horas será a quenda da animación “Aprendemos o Mundo”, na residencia de maiores “O Mosteiro”. Xa ás 20,00 horas haberá unha foliada itinerante polas rúas e locais de Celanova e Ramirás a cargo de Rebulir e Lirolaio. Para rematar o día, o CyD de Huéscar (Andalucía) realizará unha actuación no Luar (TVG) ás 22:00 horas.

O sábado 17 comezará cunha animación por parte do grupo portugués Zes Pereiras da Croca ás 13:00h na Praza Maior de Celanova. Ás 16,30 horas haberá outra animación, desta vez nas rúas de Ramirás, ao cargo do grupo chileno Inanga Rapa Nui. A gala central do FIR dará comezo ás 19:00h no Polideportivo do Picouto (Ramirás) e será presentado polo actor Rubén Riós e a presentadora do Luar Patricia F. Santana. Ademais da entrega dos premios Rebulir da Cultura Galega, tamén se desfrutará das actuacións de Fuxan os Ventos, Rebulir, Zas Pereiras da Croca (Portugal), Inanga Rapa Nui (Chile), o CyD de Huéscar (Andalucía) e Ritmos y Costumbres (Perú).

Finalmente, o domingo 18 realizarase unha animación co CyD de Huéscar ás 12,30 horas e outra ás 13,00 horas con Zes Pereiras da Croca na Feira de Ramirás, e procederase ao peche e clausura desta XVII edición do Festival Internacional Rebulir.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Cambados un apoio de 140.000 euros para a...

0
O presidente mantivo unha reunión con Samuel Lago na que lle avanzou esta subvención que aprobará a Xunta de Goberno este venres e repasaron...

A Deputación incorpora preto de 3 millóns de euros ao Consorcio Provincial Contra Incendios...

0
Os novos recursos aprobados na sesión do Pleno celebrada este mércores proceden de remanentes do exercicio anterior e empregaranse na adquisición de vehículos, maquinaria,...

A Deputación aproba unha achega de preto de 60.000 euros para que Soutomaior reforme...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíron xa 1,9 millóns de euros entre concellos da provincia de menos de 50.000...

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O Concello recibe o premio Pajarita Azul 2024 polo seu compromiso coa xestión dos...

0
O tenente de alcalde Aníbal Pereira recolleu esta mañá o galardón que outorga a asociación española de fabricantes Aspapel O Concello de Ourense recibiu esta...

Publicacións Relacionadas