HomePontevedraO Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo ...

O Pleno se Salceda Aproba por Unanimidade a Moción do Grupo Socialista que Solicita Inversión de Saneamento Para Entenza

- Anuncio -spot_img

O Pleno Ordiario do Concello de Salceda de Caselas celebrado o pasado Xoves 29 de  Agosto aprobou por unanimidade a moción presentada polos concelleiros do PSdeG PSOE, Xurxo Gregorio e Saúl Olmo e defendida polo primeiro.  

O Grupo Municipal Socialista pediu en devandita moción instar o goberno municipal a  que lle solicite á Confederación Hidrogŕafica do Miño-Sil o seu compromiso de inversión  co Concello de Salceda, en concreto na finalización da senda fluvial do Río Caselas en  Entenza.  

Dado que nos últimos tempo a CHMS comezou a facer inversións en saneamento noutros  concellos, a petición do grupo socialista acompañouse dunha solicitude de darlle  prioridade a levar esa inversión o comezo de obras de saneamento na parroquia de  Entenza.  

A moción do Grupo Socialista foi apoiada por todos os grupos representados no  consistorio salcedense. O Grupo do PSdeG-PSOE considera esencial trasladar todos os  recursos posibles a obras de saneamento imprescindibles sobre todo nas parroquias de  Entenza e Soutelo.  

Os concelleiros do PSdeG-PSOE tamén solicitaron que se informe as veciñas e veciños  dos trámites a seguir para o baleirado de fosas. Esta tarefa que está sendo levada a  cabo polo Consorcio de Augas do Louro, aínda non é coñecida pola veciñanza na súa  totalidade, e en moitos dos casos xera dúbidas a solicitude do servizo entre as posibles  persoas usuarias que o poden necesitar. 

O Pleno de Salceda deste pasado Xoves tamén aprobou renovar o Servizo de Atención  Temperá, servizo mancomunado co Concello de As Neves, dirixido para nenas e nenos  de 0 a 6 anos que tamén puxo en funcionamento unha Concelleira Socialista, Gela Ledo na anterior lexislatura.

Publicacións Relacionadas