Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación pon a disposición do Concello de Ponte Caldelas o programa...

A Deputación pon a disposición do Concello de Ponte Caldelas o programa +Renovables, para impulsar comunidades enerxéticas na vila

- Anuncio -

O deputado provincial Javier Tourís mantivo un encontro de traballo co alcalde, Andrés Díaz, co fin de que a cidadanía da vila coñeza os servizos prestados pola Deputación desde a Oficina de Transformación Comunitaria

O deputado de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Finca Areeiro da Deputación de Pontevedra, Javier Tourís, mantivo este xoves un encontro de traballo co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, co fin de establecer sinerxías para apoiar as comunidades enerxéticas da vila a través da Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables. Deste xeito, a Deputación avanza no seu compromiso de implicar os pequenos concellos nos retos da sostibilidade.

O deputado lembrou que a Deputación ofrece desde esta oficina, que está emprazada no Viveiro de Empresas de Barro, os servizos de acompañamento e asesoramento tanto a aquelas comunidades xa constituídas como a colectivos interesados en crealas, abordando cuestións de índole legal (redacción e estatutos e normas, cesión de cubertas, revisión de contratos de execución de obras…), técnica (deseño de proxectos de xeración térmica ou eléctrica) e económica (créditos bancarios e outras fórmulas de financiamento…). Javier Tourís tamén lembrou que o programa +Renovables conta cunha oficina móbil, un vehículo 100% eléctrico que desde esta semana comezou xa a percorrer os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para descentralizar os servizos prestados pola Oficina de Transformación Comunitaria, e que van desde a fase de creación ata a de produción e autoconsumo da enerxía.

+Renovables é unha iniciativa provincial que responde á aposta pola transición enerxética, a sostibilidade e a transformación do territorio. O programa está dotado de 750.000 euros (con 500.000 € de fondos europeos), que se mobilizan como resposta á crise enerxética e á necesidade de impulsar unha nova cultura na que a cidadanía teña unha participación efectiva no sistema enerxético e, ademais, repercute nun aforro económico tanto para as familias como para as empresas. Actualmente a Deputación tamén está a realizar xornadas de capacitación en todas as comarcas da provincia para afondar en todas as cuestións relacionadas coas comunidades enerxéticas, coa participación de cargos electos e persoal técnico municipal.

A Oficina de Transformación Comunitaria do programa +Renovables ten un orzamento de 370.000 euros e está financiada con fondos europeos NextGenerationEU para fomentar e impulsar a creación e o desenvolvemento de comunidades enerxéticas en todas as comarcas da provincia, sendo o medio rural, e especialmente os concellos de reto demográfico, a principal prioridade.

Relacionadas

A Deputación facilita aos ourensáns a consulta telemática de expedientes coa incorporación á Carpeta...

0
O organismo provincial avanza na dixitalización coa integración neste servizo que permite á veciñanza consultar nun mesmo espazo as comunicacións que emiten as institucións...

A Deputación adxudica a creación dunha oficina transfronteiriza de apoio á transición enerxética

0
Esta acción enmárcase dentro do Proxecto 0052_COMENERG_1_E cofinanciado ao 75% polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional (FEDER) dentro do Programa INTERREG VI-A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP)...

O luns abre o prazo de inscricción para o Campamento de Nadal

0
● Poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e desenvolverase os días 23, 26, 27 e 30 de decembro de 2024...

O BNG presenta as enmendas aos orzamentos da Xunta de Galiza

0
As emendas presentadas polo BNG inclúen a mellora do transporte público, a creación de novos viais, o abastecemento de auga e saneamento en núcleos...

A Deputación leva este domingo ao Rosal o circuíto +Escénicas con “DeseXo”, de Talía...

0
O espectáculo de teatro xuvenil e adulto poderá verse ás 19:00 horas no Auditorio municipal +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

O Congreso aproba unha iniciativa do PP para que en Pontevedra constrúase unha nova...

0
• A deputada do GPP, Irene Garrido, defendeu a necesidade de crear unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra que reforce a...

Publicacións Relacionadas