Home Pontevedra A Paradanta A Deputación destina máis de 60.000 euros para que Arbo e Crecente...

A Deputación destina máis de 60.000 euros para que Arbo e Crecente impulsen e melloren infraestruturas deportivas municipais

- Anuncio -

Con estas achegas do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas Arbo acometerá obras no campo de fútbol e Crecente na piscina municipal

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar dúas axudas ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que ascenden a 63.000 euros para os concellos de Arbo e Crecente. Este Plan está aberto aos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que aínda poden solicitar beneficiarse das súas axudas ata o vindeiro 22 de marzo. Ata o momento, o Goberno provincial xa mobilizou preto de 500.000 euros dos 4 millóns de orzamento total, con achegas para Pazos de Borbén, Barro, Cerdedo-Cotobade, Redondela e Poio, ademais das de Arbo e Crecente.

En concreto, o Concello de Arbo recibe unha achega de 33.268 euros deste Plan Extraodrdinario de Infraestruturas Deportivas coa que sufragará o 100% do orzamento da reforma dos vestiarios do campo de fútbol municipal, situado no lugar de Chan. Desta maneira, cos recursos provinciais habilitaranse dous novos vestiarios nas instalacións, que se atopan baixo a grada do campo, así como resolveranse as actuais filtracións de auga da fachada dos mesmos.

Pola súa banda, o Concello de Crecente sufragará grazas a unha achega de 29.870 do plan provincial o custe total das obras de mellora e remodelación da piscina municipal, que, debido ao paso dos anos, ás inclemencias climáticas e á falta de uso durante a época invernal, presenta danos nalgúns materiais, que deben ser substituídos por uns novos. Ademais, cos recursos provinciais tamén se renovará o céspede, invadido co paso dos anos polas malas herbas, e dotarase de instalación eléctrica ao recinto.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas