Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de 140 estudantes en senllas actividades en Celanova e Amoeiro

- Anuncio -

80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis de mesa

Paralelamente, preto de 50 escolares de 2º a 6º de primaria achegáronse ao hóckey en Amoeiro nunha xornada con xogos, exhibicións e partidos.

Baixo o lema “Vive o Deporte”, este programa da Deputación pretende fomentar a práctica deportiva na provincia entre o alumnado, entre os meses de abril a outubro, sendo as propias federacións deportivas e clubs os encargados de executalo

O programa de Fomento do Deporte, “Vive o deporte”, da Deputación de Ourense comezou hoxe as súas actividades en Celanova e Amoeiro para achegar ao alumnado o tenis de mesa e o hóckey. O goberno provincial puxo en marcha esta iniciativa para contribuír á práctica deportiva na provincia entre o alumnado ourensán entre os meses de abril a outubro, sendo as propias federacións deportivas e clubs os encargados de executalo.

Tenis de mesa en Celanova

Deste modo, 80 alumnos e alumnas da ESO do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron gozar dunha xornada de tenis de mesa organizada pola propia Federación Galega de Tenis de Mesa desprazando a tres monitores cunha ampla experiencia neste tipo de iniciativas: Brais Blanco e Miguel Ángel Rey, xogadores de 2ª Nacional e adestradores nacionais, e Manuel Esteban Lema, presidente do AD ZAS e monitor de tenis de mesa.

A xornada desenvolveuse desde as 10.00 ás 14.00 horas nas clases de Educación Físicas e nos recreos. O alumnado estivo dividido en grupos para poder facer prácticas divertidas con xogos individuais e en grupo que lle permitiu coñecer mellor o tenis de mesa a través dunha proposta lúdico-deportiva.

Hockey en Amoeiro

Paralelamente, preto de 50 alumnos de 2º a 6º de primaria coñeceron o hóckey en Amoeiro nunha xornada organizada pola Federación Galega de Hóckey que inclúe xogos, actividades deportivas, exhibición e partidos.

Foi impartida por persoal da propia Federación na que estaban unha xogadora senior do club Ourensticks de 1ª división, unha monitora do club Ourensticks, unha xogadora do club Albor, un técnico deportivo responsable de actividades deportivas, e un coordinador dunha empresa deportiva.

Esta primeira edición chegará a todas as comarcas

Nesta primeira edición de “Vive o deporte” practicarán as seguintes modalidades deportivas: tenis de mesa, ximnasia en varias modalidades, hóckey, balonmán, patinaxe, baloncesto, fútbol feminino, deportes náuticos, volei, bádminton, tenis, atletismo, escalada e xadrez. Chegarase a todas as comarcas cunha atención especial cara a aquelas con maior despoboamento.

Trátase dun programa concibido e deseñado para os escolares da provincia, pero aberto nalgunhas disciplinas deportivas a toda a veciñanza.

Relacionadas

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Luis López avanza un apoio de 416.000 euros da Deputación ao Concello de Arbo...

0
O presidente provincial repasou co rexedor Horacio Gil os investimentos aprobados polo goberno provincial neste municipio, que supera o millón de euros grazas a...

A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de...

Luis López destaca o compromiso da Deputación co galego nun encontro co presidente da...

0
O presidente recordou o apoio provincial para fomentar publicacións en galego como mostra do compromiso para seguir tendendo pontes pola defensa da lingua O presidente...

Publicacións Relacionadas