HomeTabeirósCerdedo - CotobadeA Deputación pon en valor as tradicións da provincia co seu apoio...

A Deputación pon en valor as tradicións da provincia co seu apoio á Feira de Cuspedriños, en Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -spot_img

O evento, que terá lugar o domingo 13 de xullo en San Xurxo de Sacos, reunirá centos de persoas para revivir o esplendor do seu mercado de mediados do século XX

A deputada de Turismo, Nava Castro, xunto ao deputado provincial Marcos Guisasola e o tamén deputado e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presentaron no Pazo provincial a Feira de Cuspedriños, que recreará o próximo domingo 13 de xullo en San Xurxo de Sacos o que foi un dos principais focos comerciais de mediados do pasado século na zona. Na presentación da feira, que conta co apoio da institución provincial, estiveron acompañados por directivos da Asociación do Traxe Galego.

“Desde a Deputación de Pontevedra valoramos moito que o concello de Cerdedo-Cotobade recuperase este mercado, traéndoo á actualidade e visibilizando o labor que fan os artesáns do noso territorio. Eventos como a Feira de Cuspedriños serven para enxalzar a nosa gastronomía, a nosa tradición e a nosa identidade”, puxo en valor Nava Castro. A deputada de Turismo destacou que neste evento “vanse dar a man o pasado e o presente para crear futuro apoiando a economía de proximidade”, e sinalou que “na Deputación apoiamos estas iniciativas que constrúen provincia e que nos nutren de máis razóns para seguir explorando o interior da nosa extraordinaria terra”.

A Feira de Cuspedriños, un dos eventos máis relevantes da programación de verán do concello de Cerdedo-Cotobade, reunirá centos de persoas para pór en valor os oficios da nosa terra, tanto no sector da alimentación como na artesanía. Deste xeito, en Cuspedriños poderán adquirirse produtos alimenticios e presenciar os traballos tradicionais de coiro, fabricación de zocos, cestería, tallado de cristal e madeira, tear ou encadernación de libros. En canto á proposta gastronómica, ademais dun xantar popular, A Cociña Crudivegana de Miguel traerá un showcooking vegano e unha degustación para 50 persoas, composta de salmorejo e paella shitake.

A ampla programación de actividades complétase cunha pasarela de traxes tradicionais galegos, unha exhibición de animais autóctonos, obradoiros de reprodución de petróglifos, tatuaxe celta, lume prehistórico ou malabares de circo, e a actuación do Cego dos Monifates. A xornada tamén estará amenizada por zancos e polos grupos musicais Os Trazantes, Os Afoutes do Canón de Pau e Os Ningures.

Publicacións Relacionadas