Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega...

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas impulsadas pola Fundación Castelao no Museo para conmemorar o 80 aniversario da súa publicación

- Anuncio -

Rafa Domínguez recordou que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños máis destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía o noso pobo, as súas dores e esperanzas”, consérvase no Museo de Pontevedra

A Deputación remarca a pegada de “Sempre en Galiza” na cultura galega nas xornadas impulsadas pola Fundación Castelao no Museo de Pontevedra para conmemorar o 80 aniversario da súa publicación.  O vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, recordou no acto inaugural que o manuscrito orixinal “dun dos testemuños mais destacables da actividade de Castelao, no que da voz ao momento que vivía o noso pobo, as súas dores e esperanzas”, consérvase no Museo de Pontevedra “posiblemente a carón da estilográfica coa que o escribiu e das características lentes que empregaba”.

“Aínda que Castelao viña elaborando “Sempre en Galiza” desde 1934, o certo é que non foi ata 1944, cando este ensaio se publica en Bos Aires”, recordou Rafa Domínguez quen aproveitou para poñer en valor o legado que custodia o Museo de Pontevedra sobre o intelectual galeguista, que ascende a máis de dúas mil pezas. “Na nosa colección permanente exhibimos o orixinal manuscrito de “Sempre en Galiza”, a carón da versión publicada e das edicións realizadas en Bos Aires, Madrid e Vigo”, asegurou o vicepresidente quen tamén recordou que a entidade “conta con dúas salas centradas en Castelao, sen o cal non se entende o pasado século en Galicia nin o propio Museo de Pontevedra”.

Durante a xornada, que se estendeu ao longo desta tarde, tivo lugar unha conferencia sobre “O retorno da obra de Castelao a Pontevedra”, a cargo da directora do Museo de Pontevedra Ángeles Tilve Jar. A continuación, Xosé Manuel Dasilva, catedrático do Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo afondou nas “Edicións, prohibicións e censuras de Sempre en Galiza” e Natalia Crecente, da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón sobre “Castelao e a construción dunha tipografía galega”. Finalmente Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao impartiu a conferencia “De non sempre en Galiza a Sempre en Galiza” e Diana Santiago, secretaria da Fundación Castelao, moderou unha mesa redonda coas persoas que participaron na xornada ao longo da tarde.  O broche de ouro tivo lugar a última hora cunha visita guiada á exposición permanente de Castelao e á exposición temporal “Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa. Fotografías” con Xosé Enrique Acuña e Xan Carballa.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas