Benefícianse de Vive o Rural un 128% máis de centros respecto á primeira edición do programa, no que o alumnado poderá realizar visitas ás cinco granxas escola da provincia
Os centros escolares públicos dos concellos de menos de 20.000 habitantes poderán asistir a Serantellos (Cambados), Fervenzaventura (Silleda), Kiriko (Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (Tomiño) e Río Mouro (Poio)
A Deputación de Pontevedra acaba de publicar a relación dos 57 centros de ensino de 29 concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que participarán este ano no programa de visitas ás granxas escola Vive o Rural. Nesta nova edición da iniciativa resultan beneficiarios un 128% máis de centros respecto á primeira edición, cando participaron 25. Vive o Rural tamén ten un aumento significativo de crédito nesta nova edición, 60.000 euros que supoñen o dobre de orzamento respecto á primeira edición do programa, en resposta á grande acollida que tivo ao esgotar todo o crédito dispoñible en cuestión de horas.
Nas comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes participará alumnado de Forcarei (CEIP Nosa Señora das Dores, CEIP de Soutelo de Montes) e Silleda (CEIP Ramón de Valenzuela). Na zona do Salnés-Arousa, participarán centros de Cambados (ANPA Santa Mariña Dozo, CEIP de Corvillón e CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro), O Grove (CEIP As Bizocas), Valga (CEIP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo), Ribadumia (CRA de Ribadumia) e Vilanova de Arousa (CEIP de Viñagrande-Deiro, CEIP Plurilingüe de San Roque e CEIP Plurilingüe Xulio Camba).
Na contorna de Pontevedra participará alumnado de Cerdedo-Cotobade (CEIP Plurilingüe de Tenorio), Marín (CEIP de Seixo), Moraña (CPI Plurilingüe Santa Lucía), Poio (CEIP de Lourido e CEIP Plurilingüe Isidora Riestra), Ponte Caldelas (IES de Ponte Caldelas, CEIP Manuel Cordo Boullosa e CEIP Plurilingüe A Reigosa), Portas (CPI Domingo Fontán) e Sanxenxo (CEIP Magaláns-Dorrón).
Na comarca do Morrazo participará alumnado de Bueu (CEIP Plurilingüe de Montemogos, CEIP Plurilingüe da Torre-Cela e CEIP Plurilingüe A Pedra), Moaña (EEI do Con, CEIP Plurilingüe de Tirán, CEIP de Quintela, CEIP Seara e EEI de Verducedo) e Vilaboa (CEIP de Plurilingüe de Riomaior e CPI do Toural).
No sur da provincia asistirá alumnado de Baiona (CEIP de Fontes-Baíña), A Cañiza (CEIP de Valeixe), Covelo (CEIP Antonio Blanco Rodríguez), Fornelos de Montes (ANPA do Colexio Público Doutor Suárez), Gondomar (CRA Antía Cal e CEIP Serra-Vincios), A Guarda (CEIP Manuel Rodríguez Sinde e CEIP Plurilingüe As Solanas-Nicolás Gutiérrez Campo), Mos (ANPA do CEIP de Atín-Cela, CEIP Pazos de Reis, CEIP Mestre Valverde Mayo, CEIP Mestre Martínez Alonso e IES de Mos), As Neves (CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, EEI de Rubios e ANPA Pazo da Mercé), Nigrán (CEIP da Cruz-Camos), Oia (ANPA Loureza), O Rosal (CEIP Manuel Suárez Marquier), Tomiño (CEIP de Sobrada, CEIP Pintor Antonio Fernández e CEIP Plurilingüe de Tebra) e Tui (ANPA da Escola Infantil Galiña Azul de Tui, CEIP Plurilingüe de Caldelas e CEIP Plurilingüe de Guillarei),
As visitas serán ás cinco granxas escola situadas na provincia: Serantellos (en Cambados), Fervenzaventura (en Silleda), Kiriko (en Fornelos de Montes), Corazón de Carballo (en Tomiño) ou Río Mouro (en Poio). E nelas realizarán actividades de toma de contacto cos animais, labores da horta, obradoiros educativos ou xogos, todas elas coa finalidade de que a rapazada se achegue á realidade das actividades agrícolas e gandeiras e adquira coñecementos prácticos sobre a produción local, as características dos cultivos, a vida dos animais, o coidado do medio natural e a valorización do sector primario. Ademais, tamén terán contacto con iniciativas de posta en valor do mantemento da biodiversidade, da paisaxe e da tradición agraria como elemento de identidade da cultura da provincia. O ano pasado participaron en Vive o Rural 1.500 nenos e nenos de 25 centros de ensino da provincia.