HomeO MorrazoCangasA Deputación recibe ofertas de seis empresas para acometer a mellora da...

A Deputación recibe ofertas de seis empresas para acometer a mellora da EP-1002 Magdalena-Aldán, en Cangas do Morrazo, na que investirá máis de 1,3 millóns de euros

- Anuncio -spot_img

Acaba de rematar o prazo para presentar ofertas e o servizo de Infraestruturas do organismo provincial está xa a avaliar a documentación técnica

A Deputación de Pontevedra segue a dar pasos para adxudicar o contrato de mellora da estrada provincial EP-1002 Magdalena-Aldán, en Cangas do Morrazo, na que investirá máis de 1,3 millóns de euros. Acaba de rematar o prazo para presentar ofertas para optar ao contrato e foron seis as empresas que achegaron a documentación, que xa está a ser avaliada tecnicamente polo servizo de Infraestruturas do organismo provincial.

A mellora neste primeiro tramo da estada provincial ascende a 1,3 millóns de euros dos que a Deputación aporta o 80%, máis dun millón de euros, e o Concello o 20% restante, preto de 270.000 euros. Mediante esta actuación vanse mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos entre o punto quilométrico 0+000 e o 1+850 cunha senda peonil e, nos treitos onde non sexa posible executar a senda polo ancho da vía, con zonas de convivencia. Ademais, melloraranse os servizos afectados pola execución das obras.

Con estas obras de mellora, o goberno provincial sigue avanzando na actualización da rede provincial de estradas, unhas infraestruturas fundamentais na vertebración do territorio e nas que se están a investir recursos, como nunca antes se fixera, para que se atopen nun estado óptimo e garantir, así, a seguridade das persoas que as empregan.

Publicacións Relacionadas