HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación ten xa inscritos máis de 1.400 mozas e mozos en...

A Deputación ten xa inscritos máis de 1.400 mozas e mozos en O Noso Club, “a canteira de canteiras para fomentar o deporte entre a mocidade e ampliar a base dos clubs da provincia”

- Anuncio -spot_img

“Abrimos o prazo de inscrición a mediados de setembro e están xa cubertas o 75% das prazas ofertadas, con disciplinas como judo ou atletismo totalmente esgotadas”, subliñou o presidente Luis López

A Deputación de Pontevedra ten xa inscritos máis de 1.400 mozas e mozos en O Noso Club, “a canteira de canteiras -tal e como destacou o presidente provincial Luis López-para fomentar o deporte entre a mocidade e ampliar a base dos clubs e federacións da provincia”. Desde que se abriu o prazo de inscrición, a mediados de setembro, “están xa cubertas o 75% das prazas ofertadas, con disciplinas como judo ou atletismo totalmente esgotadas”, remarcou o presidente.

O Noso Club trátase, segundo informou López, dun programa gratuíto para que as nenas e nenos de entre 6 e 16 anos da provincia poidan practicar novas disciplinas deportivas nunha contorna accesible, gratuíta e de calidade. “Sentímonos moi orgullosos da acollida desta iniciativa que puxemos en marcha por vez primeira este ano e que, vendo a elevadísima demanda e interese, chegou para quedarse”, destacou o presidente provincial.

Neste momento son xa 1.409 as mozas e mozos inscritos, sendo a modalidade máis numerosa a de judo, con 409 participantes, seguido de balonmán con 312, taekwondo con 182, loita con 177, atletismo con 164, baloncesto con 139 e rubgy con 26. As actividades de piragüismo, cunha longa tradición e demanda na provincia de Pontevedra, poranse a funcionar no mes de marzo do 2026.

Publicacións Relacionadas