Trátase dunha comedia negra de Antonio Mercero que xira aredor dun home secuestrado e adestrado debido ao seu gran parecido con Franco
O xoves 27 o Cineclub Val Miñor Alice Guy proxectará ás 20:00 ‘Las aventuras de Jeremiah Johnson’, protagonizada por Robert Reford
O Concello de Nigrán, como cada xoves ás 18:00 horas, proxectará unha película nos cines municipais da Ramallosa e, coincidindo co 50 aniversario da morte de Franco, nesta ocasión será ‘Espérame en el cielo’ (España, 1988). Como todas as longametraxes ofrecidas polo Concello neste espazo público, será gratuíta mediante retirada de invitación na propia taquilla desde unha hora antes do comezo e ata esgotarse o aforo.
Nesta comedia negra dirixida por Antonio Mercero e protagonizada por Chus Lampreave e José Soriano retrátase a España de finais dos anos 40. Paulino Alonso é un home corrente, propietario dunha ortopedia, que polo seu casual parecido co ditador Francisco Franco é raptado e adestrado para a operación Jano. A súa familia dálle por morto, e invocan a súa alma por medio do espiritismo con resultados negativos, o que lles fai sospeitar que está desaparecido, pero non morto.
Cineclub Val Miñor Alice Guy
O seguinte xoves 27 de novembro, como cada último xoves de mes, o Cineclub Val Miñor Alice Guy ofrecerá no cine municipal unha proxección ás 20:00 horas e, nesta cita, a película elixida é ‘Las aventuras de Jeremiah Johnson’, protagonizada por Robert Reford. Será en versión orixinal subtitulada ao castelán e haberá un coloquio posterior moderado polo profesor Alfonso Castaño.



