HomeDeputaciónsDeputación PontevedraA Deputación tínguese de turquesa ata o próximo luns para conmemorar o...

A Deputación tínguese de turquesa ata o próximo luns para conmemorar o Día Nacional das Linguas de Signos

- Anuncio -spot_img

A institución súmase á iniciativa promovida por Xoga coa iluminación do Pazo provincial

A Deputación de Pontevedra iluminará o Pazo provincial de turquesa con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos. Será desde hoxe ás 20:30 horas ata as 8:30 horas do luns 16 de xuño, e deste xeito a institución provincial sumarase un ano máis á petición de asociación Xoga. O obxectivo desta efeméride é sensibilizar sobre a realidade das persoas xordas e xordocegas, e visibilizar o papel fundamental que as Linguas de Signos xogan como ferramenta para a súa inclusión.

O Día Nacional das Linguas de Signos celébrase cada 14 de xuño desde 2014 para recordar o día no que se constituíu a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) en 1936. A Deputación únese así aos actos que Xoga, Organización de Diversidade Sensorial de Galicia, organiza arredor del. Esta asociación de iniciativa social sen ánimo de lucro ten como misión defender os dereitos fundamentais das persoas con diversidade funcional auditiva de Galicia e mellorar a súa calidade de vida.

No mundo actualmente 430 millóns de persoas son xordas ou teñen unha discapacidade auditiva, estimándose que no 2030 esta cifra poderá alcanzar os 500 millóns e no 2050 incluso poderá chegar aos 700 millóns de persoas afectadas. Ademais, 1000 millóns de mozos están en risco de sufrir perda auditiva permanente debido á exposición prolongada a sons fortes durante as súas actividades recreativas.

Publicacións Relacionadas