Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán máis de 1,8 millóns de euros para a mellora da mobilidade peonil

- Anuncio -

A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará un itinerario peonil de 1,1 quilómetros de lonxitude

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, xunto co alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitou este xoves a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán máis de 1,8 millóns de euros para a mellora da mobilidade peonil. A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará un itinerario peonil de 1,1 quilómetros de lonxitude.

“Cando comezamos a gobernar na Deputación de Pontevedra –recordou a deputada- había un proxecto para esta estrada provincial con moitas problemáticas. En primeiro lugar, porque non recollía as demandas da veciñanza e, en segundo, porque había un tramo no que a circulación se reducía a un sentido e ía xerar un problema de tráfico importante”. Neste eido, Couselo detallou que “o que nós fixemos en primeiro lugar, con bo criterio do alcalde de Poio, foi escoitar aos veciños para redactar un proxecto que dese resposta ás súas demandas e que hoxe temos xa en fase de supervisión coas vistas postas nos primeiros meses do 2025, para asinar o convenio de colaboración co Concello para poder levar a cabo a actuación”.

Couselo recordou que a actuación da estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 executarase en dúas fases. En primeiro lugar vaise actuar na conexión da vía provincial coa PO-308 para, despois, resolver os problemas de tráfico no tramo que queda. Deste xeito, nesta primeira fase vaise executar un itinerario peonil de 2,5 metros de ancho entre os puntos quilométricos 2+410 e o 3+510. Ademais tamén está previsto levar a cabo obras de pavimentación na totalidade da estrada e completar a actuación coa mellora dos sistemas de drenaxe de augas pluviais e abastecemento, o soterramento dos servizos de telecomunicacións e electricidade, a renovación da instalación de alumeado público mediante a colocación de 51 luminarias LED ao longo de todo o percorrido e a execución de 5 muros de entre 1 e 2,5 metros de altura para acadar o ancho de plataforma buscado.

Nestes momentos, a Deputación de Pontevedra está tamén actuando nesta estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 executando cunetas de seguridade, do mesmo xeito que está a levar a cabo na EP-0602 Portosanto-Lourido-Campelo.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

Da tradición á innovación coa carpintaría Joyla da man da Medida Leader

0
A presidenta de Galicia Suroeste e o alcalde do Porriño visitaron a empresa tras asobras de modernización e equipamento subvencionadas con fondos europeos Unha axuda...

Publicacións Relacionadas