Home Vigo Mos A conciliación familiar, protagonista das terceiras Xornadas da Muller do Concello de...

A conciliación familiar, protagonista das terceiras Xornadas da Muller do Concello de Mos

- Anuncio -
  • Hoxe comezou o programa de charlas e ponencias enfocadas a dar ferramentas aos pais e nais para que desenvolvan habilidades para educar e formar aos seus fillos na non violencia
  • Jero García, Juan Carlos Diz del Valle, Paula C. Frias, Carmen Rana e Susana López Abella interviron esta tarde no Pazo de Mos
  • Mañá farano Paula Blasco, Consuelo Arenosa, Germán Pardo e Helena Lopo

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Igualdade mosense, Leo Costas, inauguraron esta tarde as III Xornadas da Muller de Mos, acompañados pola Directora e a Xurídica do CIM de Mos, Alba Mª Bugarín e Ana María Rodríguez Cabaleiro, respectivamente.

As III Xornadas da Muller de Mos comezaron esta tarde e continuarán mañá, 18 de abril no Pazo de Mos , en horario de 16.30 a 20 horas e baixo o título CONCILIACIÓN FAMILIAR: REALIDADE OU UTOPÍA.

Segundo declararon os representantes municipais Arévalo e Costas “estas xornadas pretenden facer reflexionar sobre a necesidade da coeducación, conciliación e corresponsabilidade efectivas e non só reflectidas no papel. E sobre a necesidade de dar ferramentas aos pais e nais para que desenvolvan habilidades para educar e formar aos seus fillos na non violencia”.

Aínda que actualmente asístese á formación de un novo ideal de familia, máis igualitaria ou simétrica, a realidade demóstranos que queda un longo camiño, persistindo unha repartición desigualitaria das tarefas e responsabilidades entre homes e mulleres. Seguen sendo as mulleres, as que solicitan máis excedencias e permisos para coidados, máis reducións de xornada, as que sofren un emprego máis precario…

Temáticas das xornadas

Hoxe mércores 17 as charlas enfocáronse cara ás violencias, a súa repercusión nos menores, como afecta os menores a educación permisiva e sobreprotectora, o incremento da violencia sexual, e de xénero e o aumento das condutas violentas nos mozos. Interviron Jero García (deportista , presentador e exboxeador) autor do libro “ Cola de lagartija” sobre acoso escolar. O psiquiatra Juan Carlos Diz Del Valle, coordinador do programa de Psiquiatría legal do Servizo de psiquiatría da Xerencia do Servizo Integral da Coruña. Paula C. Frias, sobre o seu libro “Historias para vivir, a miña viaxe cara á tolemia”. Carmen Raña, da asociación Mulleres en Igualdade de Vigo, que falará da súa experiencia como mestra e muller traballadora cunha filla dependente. E finalmente Susana López Abella.

Mañá xoves 18 falarase sobre a familia desde un punto máis xurídico e das medidas e as ferramentas que debemos adoptar ante os conflitos familiares en interese dos menores. Intervirán Paula BLASCO Moia, Fiscal da Área de Pontevedra, dando a visión da intervención do Ministerio Fiscal nos procedementos de menores, e a súa función de protección do interese destes. Consuelo Arenosa, Xuíza en distintos partidos Xudiciais, como Vigo, Porriño, Ponteareas, etc. e que falará da intervención xudicial nos procesos de familia. Intervirá tamén un membro do Grupo da EVAP da Policía Local de Vigo, que se encargan da “custodia“ de mulleres vítimas de violencia e dos seus fillos, e finalmente Helena Lopo, psicóloga, que nos dará algunhas ferramentas emocionais para axudar aos menores para xestionar os conflitos familiares.

Segundo Nidia Arévalo, rexedora local mosense e Leo Costas, concelleiro de Igualdade “é importante seguir un ano máis con estas Xornadas, xa que a formación e a educación son ferramentas esenciais para conseguir unha sociedade máis igualitaria, e continuar coa loita e erradicación da violencia de xénero”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas