A deputada provincial Isabel Couselo reúnese co alcalde de Bueu para afondar en proxectos en infraestruturas provinciais pola vila que se remontan ao 2018

adminON
Lectura mínima de 1

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Bueu, Félix Juncal, para afondar en proxectos en infraestruturas provinciais ao seu paso polo concello que se remontan ao 2018. En concreto trátanse da recuperación do espazo público e mellora da mobilidade peonil na EP-1302 entre Beluso e Cabo Udra e da mellora da seguranza viaria na EP-1306 entre Portela e Ermelo, nun treito de 1,1 quilómetros.

Ámbolos dous proxectos foron iniciados no 2018 e, dende aquela, sufriron varias modificacións e informes desfavorables que impediron a súa materialización. Deste xeito, a deputada provincial amosou a vontade de analizar as alternativas para arranxar as deficiencias dos proxectos e “escoitar as demandas do alcalde para traballar coa man tendida co concello de Bueu na mellora das infraestruturas provinciais que atravesan o termo municipal”.

Comparte este artigo