A estrada LU-P-0101 permanecerá cortada durante 15 días a partir do vindeiro martes por obras no Valadouro

Redacción

A Deputación de Lugo informa que a estrada provincial LU-P-0101, que comunica Gontán con Ferreira do Valadouro, permanecerá cortada ao tráfico a partir do vindeiro martes, 3 de novembro, durante un período aproximado de 15 días.

O corte será necesario para executar as obras de construción dun muro de contención no punto quilométrico 2, 700 e afectará ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 20,735 e 33,823.

Durante este período, a circulación estará desviada por itinerarios alternativos, que estarán debidamente sinalizados. Recoméndase aos usuarios desta vía que planifiquen os seus desprazamentos con antelación e que presten atención á sinalización provisional.

Comparte este artigo