A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu este xoves nos Cinemas Tamberlick de Vigo á preestrea de ‘Cielo y Arena’, un documental da Fundación Celta e a Fundación García Chillón Orlando que recolle o traballo para a formación e a creación de oportunidades para nenas e nenos do Senegal a través da apertura de dúas escolas de fútbol nas rexións de Cap Skirring e Oussouye. A cinta está dirixida por Gerardo Campero e amosa o deporte como unha ferramenta social efectiva e un poderoso dinamizador para o cambio, co obxectivo de transformar a realidade destes mozos e das súas familias xa sexa dentro ou fóra do fútbol.