A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez participa na presentación da fase previa do Torneo AF7

adminON
Lectura mínima de 1

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, participou hoxe Ribadumia na presentación da fase previa do Torneo AF7 Alevín, que terá lugar entre os días 28 e 31 de marzo no complexo deportivo da Senra e no que participarán 80 equipos. No acto, no que estivo acompañada polo presidente do Arousa Fútbol 7, Manuel Diz; o delegado da Federación  Galega de Fútbol en Pontevedra, Jaime Otero; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, e o alcalde de Ribadumia, David José Castro, a vicepresidenta agradeceu ao club por “volver situar, unha vez máis, a provincia de Pontevedra como un lugar referencial en canto á organización de probas deportivas de primeiro nivel”.

Luisa Sánchez tamén remarcou o compromiso da Deputación de Pontevedra co deporte, “unha das liñas prioritarias do goberno”, “unha disciplina que é un piar imprescindible para construír máis provincia e unha excelente forma de transmitir valores positivos. Por iso para nós é fundamental apoiar eventos como este”.

Comparte este artigo