A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á presentación do novo proxecto deseñado para impulsar o desenvolvemento e a competitividade do sector pesqueiro, marisqueiro e acuícola, ofrecendo un servizo de asesoramento e formación ás empresas e autónomos do sector, desenvolvido pola Xunta de Galicia e cofinanciado pola Unión Europea. No acto, no que estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, celebrouse unha mesa na que se analizou a situación do sector pesqueiro en Galicia e como o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) está a axudar na súa transformación.