A dirección da obra informa dunha modificación no corte anunciado, de tal maneira que actualizamos a información sobre o corte de tráfico na estrada LU-P-0101, que comunica Gontán con Ferreira do Valadouro, e que comezará o vindeiro mércores e prolongarase durante aproximadamente 15 días. O tramo afectado comprende os puntos quilométricos 23,188 e 24,855. Así mesmo, os vehículos pesados de máis de 3.500 kg deberán seguir o desvío alternativo establecido, con puntos de desvío nos quilómetros 20,735 e 27,440.
Pregámosvos que teñades en conta esta información actualizada e que, se é posible, substituades a comunicación anterior por esta.
Desculpade as molestias e agradecemos moito a vosa colaboración e difusión. Adxuntamos documento cos desvíos previstos.

