HomeDeputaciónsDeputación OurenseCésar Fernández destaca o “éxito exportable” e a “cooperación institucional” no encontro...

César Fernández destaca o “éxito exportable” e a “cooperación institucional” no encontro de coros Ourencanto

- Anuncio -spot_img

O deputado de Cultura puxo en valor a formación e o espectáculo que ofrece este evento cultural, que durante tres días xunta a nenos e mozos nunhas xornadas de canto coral

O vicepresidente segundo e deputado de Cultura, César Fernández, destacou durante a presentación da sétima edición de Ourencanto as vertentes de “formación e espectáculo artístico” que ofrecerá este encontro de coros infantís, xuvenís e escolares, no que durante tres días nenos e mozos conviven e participan nunhas xornadas de canto coral.

“A cooperación institucional é clave para proxectos coma este, cuxo éxito xa é exportable a outros territorios”, sinalou César Fernández.

Por outra banda, os organizadores deste certame, Cristina Rodríguez e Carlos Núñez, puxeron en valor os “valores de transmisión da cultura” cara os máis novos, un dos obxectivos do encontro de coros.

Ademais, fixeron referencia á “consolidación do éxito” deste evento, xa que este ano, por primeira vez, tiveron que facer probas de selección e deixar a candidatos fóra.

Tamén participaron no acto o xefe territorial da Consellería de Cultura, Jorge Rubén Sampedro e a concelleira da cidade Noa Rouco.

Programación

Ourencanto celebrará a súa sétima edición do 4 ao 6 de abril de 2025, cun concerto de clausura previsto para o domingo 6 de abril, ás 19:00 horas, no Auditorio Municipal de Ourense. A programación completa xa está dispoñible na web ourencanto.org

“Ourencanto non só fomenta o canto coral, senón que promove valores como o compañeirismo, a solidariedade e a unión”, din os organizadores. Os fondos recadados coas entradas irán destinados a Cáritas.

Publicacións Relacionadas