A concelleira do Partido Popular de Pontevedra, Silvia Junco, reuniuse con representantes da Asociación Socio Sanitaria Educativa Inflamatoria Intestinal (ASSEII) para destacar a súa contribución á tramitación para regular os aseos para persoas con ostomías no Código Técnico da Edificación de España. A responsable da área de Servizos Sociais do PP local ha posto en valor o traballo da asociación en Pontevedra porque “é fundamental para garantir a calidade da atención dos pacientes e as súas familias”.

