Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia que a Deputación solicitará a ampliación do BIC do...

Luis López anuncia que a Deputación solicitará a ampliación do BIC do xacemento da Lanzada para aumentar a súa protección e o seu valor turístico

- Anuncio -

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; visita a zona á que a Deputación destina 390.000 euros para o mantemento, mellora e difusión dun conxunto declarado Ben de Interese Cultural

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anuncia a petición do goberno provincial á Xunta de Galicia para ampliar a declaración de Ben de Interese Cultural da contorna da ermida da Lanzada a todo o conxunto do xacemento arqueolóxico deste enclave sanxenxino. Nunha visita a esta zona, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín; o titular da Deputación detallou os plans do executivo para potenciar este xacemento a través de novas escavacións, mellor mantemento e a musealización das estruturas. Un proxecto para o que a Deputación ten aprobado este ano un orzamento que rolda os 390.000 euros. “Nos vindeiros días solicitarémoslle a Patrimonio a ampliación desta catalogación BIC, porque recuperar a nosa historia tamén é unha experiencia 100 % Rías Baixas”, asegurou Luis López, despois de percorrer o xacemento.

Ademais de conseguir a ampliación da protección de todo o conxunto, desde o cruzamento coa estrada PO-308 ata o lugar onde se atopa a ermida da Lanzada; os plans da Deputación para impulsar este xacemento pasan pola realización de limpezas e labores de mantemento regulares para evitar a acumulación de sucidade e minimizar posibles danos ao xacemento, a ampliación cara o leste e o norte das áreas de escavacións e a continuación das mesmas, a anulación dun treito do viario sur de acceso á ermida para protexer o xacemento, a realización dunha prospección xeofísica na contorna da ermida para dar con posibles restos arqueolóxicos aínda non descubertos e a consolidación e musealización das últimas estruturas achadas nas escavacións para a súa protección e divulgación.

Neste sentido, Luis López fixo referencia ao bo momento que atravesan as Rías Baixas como destino turístico de calidade. Unhas cifras de récord que, segundo ilustrou o dirixente, non se deben unicamente á auga de praias como a da Lanzada ou da illa de Ons, nin á gastronomía de restaurantes con estrela, nin ás propostas deportivas que ofertan as escolas de surf deste areal e nin sequera pola riqueza cultural e patrimonial de xacementos históricos como a necrópole da Lanzada. “Somos un destino turístico de primeira porque ofrecemos todo isto nun territorio pequeno en extensión pero moi grande en canto a atractivos turísticos”, remarcou López, quen insistiu no obxectivo do goberno provincial de seguir impulsando o destino turístico a través dun “plan baseado na sustentabilidade” e na aportación de todos os estamentos sociais da provincia relacionados co turismo.

O compromiso da Deputación pola mellora dos xacementos arqueolóxicos da provincia non se limita só ao da Lanzada. O goberno provincial presentou en Fitur o relanzamento do programa Trazas, unha iniciativa para potenciar a protección, investigación e divulgación de 17 xacementos arqueolóxicos repartidos por toda a provincia e que contribúen a diversificar e enriquecer o destino turístico Rías Baixas.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas