Home Pontevedra Baixo Miño Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello...

Luis López aborda unha mobilización de 700.000 euros da Deputación no Concello do Rosal, nun encontro coa súa alcaldesa, Ánxela Fernández

- Anuncio -

O presidente provincial avanzou unha subvención de 126.500 euros para a mellora de tres camiños ao abeiro do +Provincia, que se aprobará este venres en Xunta de Goberno

Ambos os dous dirixentes acordaron revisar o proxecto de mellora da seguridade viaria na EP-3302 despois de máis de cinco anos de parálise nesa estrada

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, adiantou á alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, investimentos por valor de 700.000 neste concello por parte do goberno provincial ao abeiro de programas como o +Provincia ou Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas. Nunha reunión de traballo mantida nesta mañá de martes entre ambos os dirixentes no despacho presidencial do Pazo provincial, López e Fernández repasaron investimentos previstos pola Deputación, abordaron temas de interese mutuo para as dúas administracións e estudaron posibles vías de colaboración para atender as necesidades da veciñanza. “Analizamos temas de actualidade e as preocupacións e ocupacións que ten a alcaldesa e o seu equipo. E xa lle anticipei que imos aprobar a adecuación de tres camiños cun investimento de 126.000 euros para dar cobertura ás necesidades dos veciños”, sinalou López ao remate deste encontro institucional

Neste sentido, o presidente adiantou á rexedora deste Concello do Baixo Miño que a Xunta de Goberno aprobará este venres unha subvención, ao abeiro da Liña 1 de Investimentos do programa + Provincia, de 126.500 euros para financiar mellora dos camiños de Marzán, do Xogo e da Congostra. Ademais, nesta liña, o Concello do Rosal ten solicitados outros proxectos como: o saneamento do Camiño do Nixo-Durán-Visodoseidos, valorado en 53.000 euros; a renovación do parque de Pías por 46.000 euros, a adquisición dunha parcela en Martín por 36.000 euros ou o cambio de pavimento do patio da escola infantil por 31.000 euros. Así mesmo, Luis López tamén valorou a decisión do goberno local de presentar propostas para as outras tres liñas do +Provincia, que permite contratar a nove persoas por unha subvención de 124.000 euros, así como a solicitude de 53.000 euros para colaborar co gasto corrente derivado do consumo de enerxía eléctrica e da organización da Feira do Viño; ou á novidosa Liña 4 de redacción de proxectos transformadores para avanzar no acondicionamento da Praza de Martín por 16.000 euros.

Do mesmo xeito, o presidente da Deputación amosou a súa satisfacción pola presentación por parte do Concello de propostas ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, unha delas está xa aprobada e vai permitir a instalación dun videomarcador no pavillón municipal valorado 34.000 euros. As outras peticións están relacionadas coa adquisición de porterías para o campo de fútbol da Mata e para o propio pavillón, por valor de 11.700 euros; e a terceira céntrase na adquisición de bicicletas valoradas el 6.500 euros.

Este encontro institucional entre a alcaldesa Ánxela Fernández e o presidente provincial, Luis López, transcorreu nun clima de cordialidade e serviu tamén apalabrar unha futura visita do presidente ao Rosal para comprobar o remate da senda peonil que conecta os núcleos de Tabagón e As Eiras. Do mesmo xeito, ambos os dirixentes acordaron tamén recuperar e revisar o proxecto para a mellora da mobilidade peonil na EP-3302 que leva cinco anos paralizado. “Colaborar é o espírito desta Deputación, os concellos teñen aquí, na casa de todos os pontevedreses, un aliado. Estaremos para o que establezan e digan os alcaldes, que son os que máis saben das necesidades da veciñanza”, concluíu o presidente da Deputación reiterando o compromiso do executivo provincial de tender pontes con todas as administracións.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas