HomeDeputaciónsDeputación PontevedraLuis López anuncia a aprobación dos primeiros recursos do III Plan de...

Luis López anuncia a aprobación dos primeiros recursos do III Plan de Infraestruturas Deportivas, con 140.000 € para Vilanova de Arousa

- Anuncio -spot_img

“En pouco máis dun mes desde que abrimos o prazo para solicitar os recursos deste plan, dotado con 8 millóns de euros e operativo ata o 5 de xaneiro, comezamos xa a distribuír as primeiras contías”, subliñou o presidente

Con estes recursos Vilanova de Arousa renovará o céspede artificial do Campo de Fútbol da S.D. Chispa

Luis López acaba de anunciar en conferencia de prensa que a Xunta de Goberno da Deputación aprobou os primeiros recursos do III Plan de Infraestruturas Deportivas, con preto de 140.000 € para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol da S. D. Chispa en Vilanova de Arousa. “En pouco máis dun mes desde que abrimos o prazo para solicitar os recursos deste plan, dotado con 8 millóns de euros e operativo ata o 5 de xaneiro, – subliñou o presidente- comezamos xa a distribuír as primeiras contías”.

Estes recursos, a totalidade da contía asignada a Vilanova de Arousa a través da terceira edición deste plan provincial, permitirán, tal e como subliñou o presidente, “cubrir gran parte dos custes de renovación deste campo, que ascenden a máis de 216.000 euros”. Ademais dos preto de 140.000 que destina a Deputación de Pontevedra, os case 77.000 restantes serán financiados pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia.

Con estas axudas, Vilanova de Arousa instalará novo céspede artificial no campo da S.D. Chispa, que contará tamén con nova marcaxe branca segundo as normas da Real Federación Española de Fútbol. Para poder acometer a actuación, en primeiro lugar, desmontarase o céspede e equipamento deportivo existente, arranxarase despois o sistema de drenaxe e, para instalar o novo céspede, formaranse dúas capas: unha inferior de lastrado de area de sílice e outra superior de cauto. Finalmente montarase o equipamento deportivo.

Publicacións Relacionadas