Free Porn
xbporn
Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre 17 entidades xuvenís...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre 17 entidades xuvenís de dez concellos da provincia ao abeiro do +Xuventude

- Anuncio -

Trátase da “primeira liña de achegas da historia da Deputación dirixida á mocidade da provincia” que destinará ata 5.000 euros para que as asociacións xuvenís desenvolvan os seus proxectos

O vindeiro xoves 26 de setembro o Salón de Plenos do Pazo provincial da Deputación acollerá un encontro coas asociacións e grupos que reciben achegas do +Xuventude

Luis López anunciou hoxe que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao reparto de 80.000 euros do Plan +Xuventude, a primeira liña de achegas da entidade provincial dirixida á mocidade, para que 17 entidades xuvenís de dez concellos da provincia (A Guarda, Barro, Bueu, Cangas, Meis, Pontevedra, O Rosal, Silleda, Vigo e Vilagarcía) poidan desenvolver os seus proxectos. “Sen dúbida algunha, temos moito futuro coa nosa mocidade e por iso este goberno provincial vai seguir impulsando iniciativas para estar ao seu carón”, confirmou o presidente provincial.

Con estes recursos as entidades xuvenís poderán financiar proxectos relacionados coa música e as artes, contra o despoboamento, de promoción de hábito saudables, inclusión, medio ambiente, tradicións, educación, deporte, ciencia ou actividades lúdicas. Cada asociación ou grupo recibirá ata 5.000 euros para financiar “proxectos que demostran que a xuventude da nosa provincia ten moitas iniciativas, moito talento e está moi comprometida”, asegurou López.

Ademais, o presidente provincial adiantou que o vindeiro xoves 26 de setembro o Salón de Plenos do Pazo provincial acollerá un encontro no que participarán todas as asociacións e grupos que reciben achegas deste Plan +Xuventude para financiar os seus proxectos.

Relacionadas

O Concello instala unha marquesiña en Dr. Otero Ulloa para as persoas usuarias do...

0
A orientación da marquesiña responde a cuestións de seguridade e accesibilidade, ademais de evitar molladuras e incomodidades nos días de mal tempo O concelleiro de...

O Museo do Mar organiza unha nova edición da súa homenaxe ás mulleres e...

0
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, presentou xunto coa directiva da asociación este evento, que será este domingo e contará cun recoñecemento pola mañá...

O Concello informa dun corte puntual da auga en Jaime Janer o luns 23...

0
Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río...

10 anos, récord de participación e dúas olímpicas: a Masterclass de Agarimo que encherá...

0
A alcaldesa, María Ramallo, acompañada dos concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, recibiron esta mañá no Concello aos directivos do club marinense e ás...

Un total de 650 persoas participarán na Terceira Anadaina concello de Campo Lameiro que...

0
Levarase a cabo sobre un percorrido longo de 24 quilómetros, outro 14 Kms. e un pequeno de 8 Kms. Un total de 650 persoas formalizaron...

A Eurocidade Cerveira Tomiño súmase por primeira vez á Semana Europea do Deporte

0
Baixo o lema #BeActive promoverá a actividade física con accións dirixidas a todos os públicos do 23 ao 29 de setembro A Eurocidade Cerveira-Tomiño prepárase...

Publicacións Relacionadas