HomeO MorrazoBueuLuis López anuncia que máis de 220 persoas da comarca do Morrazo...

Luis López anuncia que máis de 220 persoas da comarca do Morrazo poderán desfrutar do programa de termalismo +Benestar

- Anuncio -spot_img

Os beneficiarios, de tres concellos, gozarán dunha estancia de seis días e cinco noites nun dos sete establecementos dispoñibles en Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou a relación de persoas admitidas no programa de termalismo social +Benestar, a través do cal máis de 220 veciños e veciñas maiores de 55 anos dos tres concellos da comarca do Morrazo poderán desfrutar de estancias en balnearios, talasos ou spas da provincia. O obxectivo desta iniciativa, tal e como detallou o presidente provincial, é facilitar o acceso a actividades de ocio saudable e envellecemento activo en establecementos hostaleiros e , ao mesmo tempo, dinamizar o sector turístico durante os períodos de menor actividade.

En concreto, estas 223 persoas trátanse de 5 veciñas e veciños de Bueu, 172 de Cangas e 46 de Moaña. En total, o programa, que arranca este domingo 3 de novembro coas primeiras saídas, ofrece estancias de seis días e cinco noites nun establecemento termal para as preto de 2.200 persoas empadroadas na provincia que se beneficiarán de +Benestar.

O programa de termalismo da Deputación desenvólvese en sete establecementos termais da provincia, situados en Sanxenxo, Mondariz, O Grove e Lalín (Gran Talaso Hotel Sanxenxo, Balenario de Mondariz, Hotel Carlos I Silgar, Talaso Hotel Louxo La Toja, Hotel Spa Norat Torre do Deza, Hotel Spa Galatea e Hotel Nuevo Astur Spa). Ademais da estadía, o paquete comprende pensión completa (coas bebidas incluídas); o uso do spa, do balneario ou doutras instalacións de características similares un mínimo de dúas horas ao día; e o traslado de ida e volta en autobús aos establecementos desde os concellos de Vigo ou Pontevedra.

Publicacións Relacionadas